domingo, 29 de noviembre de 2015

Viaxar ao futuro?

En todo o mundo celebrouse o día 21 de outubro a figura de Marty McFly e o seu Delorean, un viaxeiro na súa máquina do tempo versión ochenteira. Sabemos que o que aparece na película é ciencia ficción, pero sería posible viaxar ao futuro? Esta pregunta, os físicos levan facéndosea ao longo de todo a historia,  o que convén lembrar é que nestes meses hay un aniversario moito máis importante que o de Regreso ao futuro, é que neste novembro do 2015 cúmplense 100 anos desde que Einstein acabou a súa gran obra: a "Teoría da relatividade", nesta teoría Einstein describe as propiedades do espazo e o tempo.

 O que sabemos desde 1915(ano en que se enunciou a teoría) é que o espazo e o tempo mestúranse entre sí creando unha entidade nova chamada espazo-tempo, que ademais e dinámica. O espazo-tempo pódese deformar, un feito que nós percibimos como a forza da gravidade.

A realidade da deformación do espazo-tempo ponnos ante a posibilidade de facelo o noso antoxo. Neste sentido, podemos imaxinar fácilmente algunhas máquinas para viaxar ao futuro: basta con montarse nunha nave espacial suficientemente rápida, na que o tempo marcha máis despacio; según Einstein, de forma que á volta o viaxeiro se encontrase no futuro.

Outra posibilidade para viaxar ao futuro e ir a través dun burato negro. O problema e que… están lonxe e son perigosos, pero… e se nós fabricamos un? Despois de todo, calquer máquina que deforme o espazo-tempo e sexa “portátil”, como un Delorean, seguramente terá pinta de burato negro desde fóra, e por dentro sería un túnel con saída noutro lugar do espazo e outro momento do tempo.

 Este tipo de construcións coñécense como “buratos de gusano” e son rutinarios para os frikis da ciencia fición. O que non sóese dicir é que fabricar un do tamaño do Delorean requeriría unha enerxía equivalente a tomar 100 planetas como a Terra e comprimilos hasta que ocupan un espacio duns… ¡dous metros de diámetro! Certamente complicado...

A continuación déixovos un vídeo explicativo, en castelán:

martes, 24 de noviembre de 2015

Lucy o esqueleto máis famoso do mundo!

O 24 de novembro de 1974 atopáronse en Hadar ao noroeste de Etiopía os restos fósiles dun Austrolopithecus completo que eran dunha femia. Cando se fixo a achega, na radio soaba "Lucy in the Sky with diamons" o éxito dos Beatles, asi que ao paleotólogo Donal Johanson lle pareceu boa idea darlle un nome ao grupo de ósos,que según indicaba as primeiras investigacións pertencían a unha sóa persoa. Chamouno Lucy e co nome chegou a fama! 
Tras este descubrimento atopáronse máis de 250 fósiles de a lo menos 17 individuos na mesma rexión.
Os restos de "Lucy" se pensa que teñen 3,2 millóns de anos, que era bípeda e un ancestro do Homo sapiens.
Neste vídeo podes ver a súa historia:

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Cen anos da Teoría de Relatividade de Einstein!

A principios do século XX Einstein descubriu A Teoría da Relatividade que incluían a relatividade especial e a relatividade xeral.
A Teoría da Relatividade especial trata da física do movemento dos corpos en ausencia das forzas gravitatorias, na que se facían compatibles as ecuacións de Maxwell do electromagnetismo cunha reformulación das leis do movemento.
A Teoría da Relatividade  xeral redúcese á teoría especial en ausencia de campos gravitatorios.



A teoría saliu á luz, os días 4, 11 e 18 de novembro de 1915 nunha serie de artículos onde se explicaban os conceptos de cada principio.
Finalmente, o 25 de novembro do mesmo ano, Albert Einstein presentó na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín o ensaio que contiña a teoría xeral da relatividade que plantexaba unha lei xeral da gravitación. ESto significou unha nova configuración do Universo: deixou de verse como algo estático e pasou a enterderse de xeito dinámico.


As mentes privilexiadas coma a de Albert Einstein sempre mostráronse por diante do seu tempo, neste enlace podemos ler algún consello intelixente e innovador de Einstein para as persoas nos negocios.
Consellos de Einstein para os negocios que están de actualidade, non deixes de ler as trece frases de Einstein cheas de intelixencia e sentido común!

martes, 3 de noviembre de 2015

Colaboración Postcrossing!

Postcrossing é o novo proxecto do colexio Padre Feijoo que consiste en enviar tarxetas postais da nosa cidade  (Ourense) a outros paises para que eles podan saber un pouco máis sobre a nosa cultura. Ao mesmo tempo recibimos postais doutras cidades implicadas nesta iniciativa, e as localizamos e estudamos algo sobre elas. 
O grupo de 1º de bacharelato enviou unha tarxeta do pobo de Xinzo, á cidade de Tambov (Rusia), nela falamos un pouco sobre os entroidos dese pobo e as súas costumes.  Neste audio Víctor, Andrea e Karim comentan en inglés unha breve información da cidade de Tambov, non deixedes de escoitalo:
 
Tambov é unha cidade que está situada á beira do río Tsna , a 480Km de Moscú. Ten unha pobación de 284.972 habitantes. No ambito científico destacarían:
  • Constantine Fahlberg (1850-1910) químico
  • Andrey Kolmogorov (1903-1987), matemático  
  • Nicolái Tsveliov (n.-1925), botánico.








Aproveitando que a nosa tarxeta chegaría a Rusia, fixemos por coñecer aos dez científicos rusos máis destacados e temos un resumo das súas aportacións.

Os dez cíentificos rusos máis importantes son:

1º Grigori Yákovlevich Perelmán: (1966) é un dos máis importantes matemáticos da actualidade e é un dos máis coñecios polas súas inmensas contribucions en xeometría  riemannia y topoloxía xeométrica . Tamén logrou demostrar a conxetura de xeometrización de Thurston, resolveu a de Poincaré e logo de resolver a  hipóteses matemática máis importante é dificil de demostrar.
Gregori non aceptou o premio Nobel dos problemas do milenio.

2º Sir Andréy Konstantínovich Gueim:(1958) físico ruso coñecidos polos seus grandes traballos entorno al grafeno, o desarrollo da cinta de geco e o desarrollo de técnicas de levitación. Recibiu o premio Nobel, tras lograr levitar unha rá utilizando soamente imáns.

Nikolái Gennádiyevich Basóv:(1922-2001) físico sovietico, coñecido polo seu gran traballo no campo da electrónica cuántica para o desarrollo do láser y el máser, grazas a iso gañou o premio Nobel en 1964.

Piotr Leonídovich Kapista:(1894-1984) foi un físico relevante que recibiu o premio Nobel en 1978 polo seu traballo enn física de baixa temperatura. en 1937 descubriu a superfluídez, e descubriu a forma máis eficiente de producir heliolíquido.

ciencia activa 1ºBAC
Tatiana Avenirovna Proskouriakoff:(1909-1985) foi unha das máis importantes figuras da arqueoloxía, etnóloga e epigrafista, en relación có estudo da civilizacion Maya, su principal contribución foi co a escritura Maya.

6º Aleksandr Stepaónovich Popov:(1859-1905) prestixioso físico e inventor ruso recordado pola invencion da antena e a transmisión de ondas electromagnéticas a distancia. O 7 de maio de 1895 Popov demostrou a recepción de señais a larga distancia polo que ese día se coñoce como "o día da radio"

Sofia Vasílievna Kovalévskaya:(1850-1891) foi a primeira científica de gran relevancia en Rusia, a primeira en ocupar o cargo de profesora universitaria en Europa é unha das matemáticas máis importantes da história.

Iván Petróvich Pávlov:(1849-1936) gran fisiólogo laureado có premio Nobel de Fisioloxía en 1904 polas súas investigacións sobre a digestión.

Dimitri Ivánovich Mendeléiev:(1834-1907) foi un dos químicos máis importantes da história. Descobríu o que hoxe coñecemos como a táboa periódica dos elementos. O elemento número 101, o mendelevio (Md), recibiu o seu nome en honor a Mendeléiev.

10º Mijaíl Vasílievich Lomonósov:(1711-1765) foi un gran erudito, home de ciencias, naturalista, xeógrafo, escritor e polímata. O seu principal aporte foron as melloras ao telescopio, o primer plantexamento da Teoría da Deriva continental. Como poeta, tivo gran influenza na literaura moderna.