En todo o mundo celebrouse o día 21 de outubro a figura de Marty McFly e o seu Delorean, un viaxeiro na súa máquina do tempo versión ochenteira. Sabemos que o que aparece na película é ciencia ficción, pero sería posible viaxar ao futuro? Esta pregunta, os físicos levan facéndosea ao longo de todo a historia, o que convén lembrar é que nestes meses hay un aniversario moito máis importante que o de Regreso ao futuro, é que neste novembro do 2015 cúmplense 100 anos desde que Einstein acabou a súa gran obra: a "Teoría da relatividade", nesta teoría Einstein describe as propiedades do espazo e o tempo.O que sabemos desde 1915(ano en que se enunciou a teoría) é que o espazo e o tempo mestúranse entre sí creando unha entidade nova chamada espazo-tempo, que ademais e dinámica. O espazo-tempo pódese deformar, un feito que nós percibimos como a forza da gravidade.
A realidade da deformación do espazo-tempo ponnos ante a posibilidade de facelo o noso antoxo. Neste sentido, podemos imaxinar fácilmente algunhas máquinas para viaxar ao futuro: basta con montarse nunha nave espacial suficientemente rápida, na que o tempo marcha máis despacio; según Einstein, de forma que á volta o viaxeiro se encontrase no futuro.
Outra posibilidade para viaxar ao futuro e ir a través dun burato negro. O problema e que… están lonxe e son perigosos, pero… e se nós fabricamos un? Despois de todo, calquer máquina que deforme o espazo-tempo e sexa “portátil”, como un Delorean, seguramente terá pinta de burato negro desde fóra, e por dentro sería un túnel con saída noutro lugar do espazo e outro momento do tempo.
Este tipo de construcións coñécense como “buratos de gusano” e son rutinarios para os frikis da ciencia fición. O que non sóese dicir é que fabricar un do tamaño do Delorean requeriría unha enerxía equivalente a tomar 100 planetas como a Terra e comprimilos hasta que ocupan un espacio duns… ¡dous metros de diámetro! Certamente complicado...
A continuación déixovos un vídeo explicativo, en castelán:
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarExcelente entrada, moi interesante!!
ResponderEliminarInteresante! Non tiña conocementos sobre este tema!
ResponderEliminarXa se creou un burato negro capaz de absorber o sonido. Igual non estamos tan lonxe de viaxar no tempo!
ResponderEliminarQue interesante entrada, algún día podremos viaxar no tempo!!
ResponderEliminarQue interesante entrada, algún día podremos viaxar no tempo!!
ResponderEliminar