Mostrando entradas con la etiqueta ADN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ADN. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de febrero de 2022

Rosalind Franklin e a primeira fotografía da estrutura do ADN



Dende o principio hai centos de anos, as mulleres foron ganando cada vez máis dereitos, e con eso a prohibición de que as muleres poidan asistir á universidade e convertirse en científicas levantouse. Dende ese momento, todas as mulleres científicas desempeñaron un papel fundamental no descubriemto de cousas importantísimas como a estrutura do ácido desoxirribonucleico ou ADN. Aunque o traballo destas mulleres non sempre é recoñecido, o que realizou Rosalind Franklin (1920 - 1958) cambiou o mundo da bioloxía para sempre.





Franklin foi a primeira muller en fotografiar con raios X a estrutura de dobre hélice do ADN, pero non se lle recoñeceu o mérito ata anos despois da súa morte de cancro de ovarios.


Un dos seus compañeiros de laboratorio, Maurice Wilkins, mostroulle a imaxe aos seus compañeiros e xuntos publicaron este descubrimento na revista Nature. Recibiron o Premio Nobel catro anos despois de que Rosalind falecera.

Aquí tedes un video sobre como funciona o ADN por es estades interesados en aprender máis sobre o tema: 



viernes, 7 de mayo de 2021

Educaplay sobre o ADN

Neste educaplay poderás repasar unha serie de termos relacionados co ADN unindo cada un deles coa imaxe ou micrografía que lle corresponda. Xoga e aprende!

sábado, 27 de marzo de 2021

Descubrimentos biolóxicos que quizais che interesen!

Ás veces, obviamos cousas que fai anos quizais non estaban tan claras. Damos cousas por sentado debido a que foron descubertas fai centos de anos e xa nos resultan obvias. Como para todo sempre hai unha primeira vez, nesta infografía mostroche algúns dos descubrimentos máis importantes do mundo da bioloxía. Espero que che gusten!



martes, 23 de marzo de 2021

lunes, 15 de marzo de 2021

Test das mutacións.

 Déixovos un test sobre as mutacións para poder repasalas mentres xogamos!


Severo Ochoa e o código xenético.

 Como xa estudamos anteriormente, o código xenético é a correspondencia que existe entre os tripletes de nucleótidos de ARNm e os aminoácidos que forman as proteínas. Pero... como se descubriu o código xenético?
Este código foi descuberto por Severo Ochoa, un científico español, e Marianne Grunberg-Manago. Esto foi posible grazas ao descubrimento dun enzima, a polinucleótido fosforilasa que cataliza a síntese de ARNm, o intermediario entre o ADN e as proteínas. O descubrimento desta enzima permitiu a preparación de polinucleótidos sintéticos de distinta composición de bases. Desta maneira o grupo de Severo Ochoa conseguiu descifrar a mensaxe xenética.
Posteriormente, Arthur Kornberg, discípulo de Severo Ochoa, descubriu a enzima que catalizaba a reacción da síntese de ADN que era a ADN polimerasa.
Todos estes descubrimentos levárono a ser galardoado co Premio Nobel de Medicina no ano 1959 que compartiu con Arthur Kornberg.
Se queredes coñecer e repasar máis sobre o código xenético deixovos unha infografía:

Pasapalabra. Repaso xeral.

 

domingo, 14 de marzo de 2021

Infografía do ADN

Nesta infografía atoparemos os aspectos principais sobre o ADN, portador da información xenética.

 

sábado, 13 de marzo de 2021

¿Canto sabes da replicación, transcrición e traducción?

 A bioloxía do ADN conta con tres procesos:

A replicación é o proceso polo cal se duplica o ADN para poder ser transmitido a novos individuos e ten lugar na fase S, no núcleo interfasico.

A transcricición é o paso de ADN a ARN, proceso polo que transcribes un xen que tamén ten lugar no núcleo de células eucariotas e procariotas

A tradución é un tipo de anabolismo heterótrofo de síntesis de proteínas. E é selectiva, reiterativa e unidireccional.


viernes, 5 de marzo de 2021

Aprende estas curiosidades sobre o ADN

 Todos sabemos o que é o ADN, é un ácido nucleico que contén as instruccións xenéticas usadas no desarrollo e funcionamento de todos os organismos vivos​ e responsable da transmisión hereditaria. Nesta infografía atoparás algúns datos que quizais non coñecías (e outros que xa deberías coñecer) sobre o ADN os cales me resultaron bastante interesantes e vos quería compartir. Espero que vos parezca curioso e de paso repasedes teoría sobre o ADN que nuca ven mal!

domingo, 31 de enero de 2021

Educaplay sobre o ARN e o ADN. Aprende xogando !!

 Hoxe tráiovos un educaplay para que poidades repasar dunha forma máis divertida sobre o ADN e o ARN, desta forma poderedes repasar máis facilmente para os exames. Boa sorte.

jueves, 10 de diciembre de 2020

Repasa as partes da célula.

Repasa as partes da célula que levamos estudando xa dende pequenos, pero có último exame o temos ben fresquiño. Pero de todas formas imos facer un repaso rapidísimo. 

domingo, 18 de octubre de 2020

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2020!

 Este ano, o Premio Nobel de Química foi para as científicas Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna polo desenvolvemento  dun método para a edición do xenoma e pola investigación na técnica CRISPR/Cas9.

A microbióloga Emmanuelle Charpentier (Francia) é a directora da Unidade Max Planck para la Ciencia de Patógenos (Alemania). A química Jennifer A. Doudna (Estados Unidos) exerce como profesora na Universidade de California en Berkeley, e ademais segue investigando no Instituto Médico Howard Hughes, os dous en Estados Unidos.

Esta técnica revolucionaria permite cortar e pegar o ADN e editar calquera forma de vida de xeito sinxelo, rápido e eficaz. Entre o seu potencial encóntrase o de mellorar cultivos e mesmo resucitar especies. Pero o que é máis emocionante, é que esta tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento de novas terapias contra o cancro e pode facer realidade o soño de curar enfermidades hereditarias, explican desde a Real Academia das Ciencias sueca.

O descubrimento das "tesoiras xenéticas" provén do estudo dos sistemas inmunes de bacterias e outros microorganismos. Pioneiro neste traballo foi Francis Mojica (científico español) o cal, leva varios anos como candidato ao Nobel de Química pero que este ano quedou fóra.
Ademais, o traballo das científicas recibiu numerosos galardóns, incluído o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica outorgado en 2015. Dous anos despois compartirían o Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento co propio Mojica, recoñecéndose así o traballo dos tres investigadores na técnica que hoxe recibe o Nobel. Nesta entrega de premios, Doudna declarou que comezou a traballar na área de CRISPR tras ler un artigo do científico español.
O

En conclusión, as "tesoiras xenéticas" son un gran avance no ámbito sanitario e ademais, teñen numerosas aplicacións. Son o futuro da medicina!


Premio Nobel de Química 2020 para la técnica CRISPR-Cas9
Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna - Niklas Elmehed

          


viernes, 9 de noviembre de 2018

Erradican mosquitos de malaria cun experimento de enxeñería xenética!

O experimento de enxeñería xenética, liderado por Andrea Crisanti, do Imperial College London, consistiu en introducir nun grupo de mosquitos portadores de malaria "Anopheles gambiae" uns xenes que modificaban os seus impulsos sexuais.
O experimento realizado con enxeñería xenética logrou destruír toda unha poboación de mosquitos de malaria engaiolados nun laboratorio, o que abre a porta para trasladar a proba a unha contorna natural.



Autor foto
En mosquitos, as técnicas de enxeñería xenética CRISPR permiten a transmisión de xenes específicos nun 99 % da descendencia, fronte ao 50 % que se constata no medio natural.


No experimento difundido este outubro, os autores conclúen que "a rápida e completa propagación deste impulso xenético, xunto coa ausencia de resistencia, fan que sexa realista efectuar estudos de campo contolados".


Na miña opinión é moi importante que se fagan estudos deste tipo que axudan a mellorar o nivel de vida do planeta erradicando enfermidades con grandes taxas de mortalidade, sobre todo en países pobres.


                                  Fuentes da información

martes, 2 de junio de 2015

Proxecto de elaboración maqueta de ADN: "Coñecendo ao ADN"

Preparando o stand "Ciencia Activa"
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia no Colexio Padre Feijóo-Zorelle, os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía coordináronse na elaboración dunha gran molécula de ADN na que participaron alumnos de secundaria e de bacharelato.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa participaron na montaxe, pintura e elaboración do documento coas explicacións básicas da composición do ADN, o concepto dun xen, e os conceptos precisos para entender a maqueta. Aquí pódese ver o dosier explicativo subido en Issuu:

No seguinte vídeo recollemos un resumo desta tarefa realizada durante as tres últimas semanas do mes de maio. Como obxectivos deste proxecto destacar o traballo colaborativo entre os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía, e a implicación de alumnos de secundaria e bacharelato. A molécula permanecerá no hall ata o venres e levarase ao laboratorio de Ciencias Naturais.


jueves, 14 de mayo de 2015

Construíndo unha maqueta do ADN para a Semana da Ciencia do colexio!

O vindeiro 1 de xuño conmemórase o Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño o Día do Medio Ambiente, por iso o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adicará esa semana a expór traballos de ciencias de tódolos niveis educativos.
Os Departamento de Bioloxía e de Tecnoloxía levará a cabo a elaboración dunha maqueta cun fragmento da "Dobre Hélice de ADN".
O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular!

Proceso:
  1. Nunha plancha de porexpán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
  2. Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
  3. Mercamos bolas de porexpán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
  4. Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
  5. Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
  6. Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira  que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
  7. O profesores de tecnoloxía e bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!   

 O vindeiro 1 de xuño exporémos a maqueta do ADN no hall do centro, xunto a todos os traballos de infantil, primaria, e secundaria e os alumnos de bacharelato tamén montaremos un stand onde exporemos e explicaremos as tarefas feitas neste blog: Proxecto Ciencia Activa!


jueves, 19 de junio de 2014

Barcelona garda os xenomas de 100 000 personas de todo o mundo!

A información xenética de 100 000 persoas de todo o mundo gardada en barcelona. A capital catalana convertiuse na nova sede do Archivo Europeo do Genoma-Fenoma (EGA). Un fichero que almacena nun superordenador cun millón de gygabites de memoria, os xenomas de distintas partes do mundo os cales servirán para realizar distintos estudios biomédicos.
Este almacén garantiza que toda a comunidade científica poda dispor de datos valiosos para desenvolver  novos traballos de investigación. Xenomas sáns ou con xenotipos de enfermidades como cancro, diabetes ou patoloxías cardiovasculares.

viernes, 6 de diciembre de 2013

Atopan en Atapuerca o ADN máis antigo do home!

Cómo estudiamos, os fósiles aportan moita información do pasado e son unha proba clara da Evolución das especies (Probas Paleontolóxicas).
Os científicos atopan en Atapuerca (Burgos) un fémur dun dos 28 homínidos atopados en 1976 datado de fai 400.000 anos.
 A mellora das técnicas permitiu descubrir o ADN humán máis antigo!!
Non te perdas o vídeo: