domingo, 18 de octubre de 2020

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2020!

 Este ano, o Premio Nobel de Química foi para as científicas Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna polo desenvolvemento  dun método para a edición do xenoma e pola investigación na técnica CRISPR/Cas9.

microbióloga Emmanuelle Charpentier (Francia) é a directora da Unidade Max Planck para la Ciencia de Patógenos (Alemania). A química Jennifer A. Doudna (Estados Unidos) exerce como profesora na Universidade de California en Berkeley, e ademais segue investigando no Instituto Médico Howard Hughes, os dous en Estados Unidos.

Esta técnica revolucionaria permite cortar e pegar o ADN e editar calquera forma de vida de xeito sinxelo, rápido e eficaz. Entre o seu potencial encóntrase o de mellorar cultivos e mesmo resucitar especies. Pero o que é máis emocionante, é que esta tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento de novas terapias contra o cancro e pode facer realidade o soño de curar enfermidades hereditarias, explican desde a Real Academia das Ciencias sueca.

O descubrimento das "tesoiras xenéticas" provén do estudo dos sistemas inmunes de bacterias e outros microorganismos. Pioneiro neste traballo foi Francis Mojica (científico español) o cal, leva varios anos como candidato ao Nobel de Química pero que este ano quedou fóra.
Ademais, o traballo das científicas recibiu numerosos galardóns, incluído o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica outorgado en 2015. Dous anos despois compartirían o Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento co propio Mojica, recoñecéndose así o traballo dos tres investigadores na técnica que hoxe recibe o Nobel. Nesta entrega de premios, Doudna declarou que comezou a traballar na área de CRISPR tras ler un artigo do científico español.
O

En conclusión, as "tesoiras xenéticas" son un gran avance no ámbito sanitario e ademais, teñen numerosas aplicacións. Son o futuro da medicina!


Premio Nobel de Química 2020 para la técnica CRISPR-Cas9
Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna - Niklas Elmehed

          


No hay comentarios:

Publicar un comentario