domingo, 11 de octubre de 2020

O lago rosa Kobeytuz

A 160  quilómetros da capital de Casaquistán  atopase unha   inhóspita paisaxe, o lago   Kobeytuz, característico polas súas augas de cor rosa. O lugar chama moito a atención dos turistas, que  acoden provocando diariamente grandes  aglomeracións. Por esta  mesma razón, o país aspira a que este lago reciba o tratamento de lugar sacro, para  garantir así que o fluxo de persoas non sexa  prexudicial para unha das súas grandes xoias.







Pero por que a súa cor é rosado? Practicamente todos os lagos de cor rosa teñen unha característica común: a alta salinidade. Entón, é o sal o que lles confire esa cor? En realidade, o que fai que un lago vólvase rosa son os habitantes do lago: algas, bacterias e pequenos crustáceos. Pero o sal é un compoñente moi importante. Non todos os seres vivos son capaces de vivir con tamaña concentración de sal. Isto crea un espazo especialmente acondicionado para certas especies, exclusivamente. Sin embargo, neste caso, a mais destacada e unha alga característica denominada como dunaliela salina, alga halófica que produce o beta-caroteno, o pigmento responsable de dar a cor ao lago. Ao final, nun ambiente tan específico, estes seres vivos reprodúcense sen mesura nin control, o que provoca unha explosión de cor debida á cantidade deles. Como dato curioso, os flamencos que viven nestes lagos adquiren a súa cor rosa por consumir estes microorganismos e crustáceos destes lagos, polo que podemos dicir <es o que comes>. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario