domingo, 20 de noviembre de 2016

As temperaturas extremas serán normais en 10 anos!

A Cume do Clima deste novembro en Marrakech remata cos primeiros pasos para por en marcha o Acordo de París! 



 O texto aprobado saúda a entrada en vigor, en menos dun ano do Acordo de París, que hoxe xa ratificaron 111 países responsables de case o 80% das emisións globais de carbono, e subliña a urxencia aos países a traballar a nivel nacional para acadar os obxectivos de redución de emisións prometidos dende agora ao 2020. 
Neste vídeo hai un breve resumo da presencia internacional na Cume:



Unha realidade preocupante: As temperaturas extremas serán normais en 10 anos!
Dentro de poucos anos, o clima extremo en épocas nas que habitualmente se dan temperaturas moderadas deixará de sorprendernos se se cumpren as previsións dun novo estudo realizado por científicos australianos.

2015 foi o ano máis cálido desde que hai rexistros e os récords mensuais que se foron encadeando no que vai de 2016 suxiren que este tamén vai ser un ano histórico no que respecta ás altas temperaturas. Segundo advirten estes investigadores, anos tan cálidos como 2015 deixarán de ser unha rareza en 2025. E as altas temperaturas en épocas do ano nas que agora non son habituais serán frecuentes dentro de aproximadamente un par de décadas se as emisións de gases de efecto invernadoiro continúan aumentando.
A investigadora Sophie Lewis, da Universidade Nacional de Australia, sostén que xa é inevitable que as temperaturas sexan máis altas que a media rexistrada ata agora!

sábado, 12 de noviembre de 2016

Día mundial contra a neumonía!

Desde 2009, o Día Mundial da Neumonía celébrase o 12 de novembro co obxectivo de crear conciencia sobre esta patoloxía. É a principal causa de morte infecciosa en nenos menores de 5 anos en todo o mundo.
Con isto, búscase promover as solucións que permitan protexer, prevenir e tratar esta enfermidade e ademais a búsqueda de recursos adicionais para a súa atención.
A neumonía é unha enfermidade que afecta aos pulmóns, causada pola infección dun virus ou bacteria. Os seus síntomas son: febre alta, escalofríos, dor intensa no costado afectado do tórax, tos e expectoración. 

O mecanismo máis frecuente polo que nos contaxiamos á aspiración de microorganismos dende as vías respiratorias máis altas. As defensas do noso organismo poden debilitarse por determinadas circunstancias que poden ser o consumo de alcohol, o tabaco, enfermidades pulmonares crónicas, desnutrición... Desta maneira, os xérmenes consiguen chegar aos pulmóns e infectalos de xeito máis doado.

Existen poucas medidas para evitar unha neumonía. A pesar disto, é recomendable que todas as persoas se vacinen contra a gripe todos os anos xa que axuda a evitar casos tan graves coma este, vacinarse cunha vacina antineumocócica nas persoas maiores de 65 anos ou maiores de 2 anos (con enfermidades cardiovasculares ou pulmonar crónica, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica...) e as que padecen de asma ou bronquitis crónica deben iniciar un tratamento antibiótico cando aparecen síntomas de infección respiratoria.

Déixovos este pequeno vídeo onde se explica o que é a neumonía, tipos, causas e como actuar nunha situación destas.







Desde o Proxecto Ciencia Activa, queremos concenciar a todos dos riscos desta enfermidade e que a pesar de que sexa unha situación complicada non nos podemos rendir! Ánimo, con esperanza chegaremos lonxe!

viernes, 11 de noviembre de 2016

Crucigrama de repaso da Deriva Continental e a Tectónica de placas!

Aquí vos deixo un crucigrama para repasar o tema da Dinámica litosférica, espero que o disfrutes. Sorte!

Crucigrama.

Sopa de letras modelo xeoquímico

Deixovos esta actividade que realicei en educaplay para repasar as capas do interior terrestre según o modelo xeoquímico e as discontinuidades que as separan. Moita sorte a todos!

modelo xeoquimico

jueves, 3 de noviembre de 2016

2016 ano de legumes e 4 de novembro do 2016 día de xenetistas!

O 4 de novembro, a través de Igaciencia, celébrase a presencia do galego na ciencia e a ciencia en galego. Este ano destacan a figura de Cruz Gallástegui Unamuno, veterinario e enxeñeiro agrícola xenetista que impulsou a creación da Misión Biolóxica de Galicia que foi a primeira en España e a segunda en Europa en facer traballos de hibridación cos cereais. A Cruz Gallástegui tamén adicouselle o Día do científico galego no 2010 e nesta unidade didáctica "O mago das espigas" da Fundación Barrié, refléxanse as súas aportacións a ciencia e a xenética cos estudios co millo.
Ademáis o cartel que empregan este ano 2016 para conmemorar  a VII Edición da Ciencia en Galego contén as leis de Mendel, o pai da xenética, que estudiou a herdanza a través das plantas dos chícharos. Oportuna selección tendo en conta o papel de Cruz Gallastegui coma xenetista e que este ano 2016 é o ano Internacional das legumes! 

Lembremos que este ano 2016 adicouse as legumes e a destacar a súa importancia nutricional!
A Asamblea General das Nacións Unidas proclamou o 2016 como Ano Internacional das Legumes, no que se propón sensibilizar a opinión pública sobre as vantaxes nutricionais das legumes como parte dunha produción de alimentos sostible encaminada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Brindando unha oportunidade de fomentar a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas das legumes, utilizar de maneira máis apropiada as proteínas das legumes e incrementar a produción mundial das legumes.


2016 Año Internacional de las Legumbres.jpgOs obxetivos específicos do AIL 2016 foron:
-Concienciar o importante papel das legumes na produción sostible de alimentos e dietas saludables e a súa contribución a seguridades alimentaria e nutricional.
-Promover o valor e a utilización das legumes no sistema alimentario.
-Alentar as conexións ao largo da cadea alimentaria para una maior produción de legumes.