domingo, 20 de noviembre de 2016

As temperaturas extremas serán normais en 10 anos!

A Cume do Clima deste novembro en Marrakech remata cos primeiros pasos para por en marcha o Acordo de París! 



 O texto aprobado saúda a entrada en vigor, en menos dun ano do Acordo de París, que hoxe xa ratificaron 111 países responsables de case o 80% das emisións globais de carbono, e subliña a urxencia aos países a traballar a nivel nacional para acadar os obxectivos de redución de emisións prometidos dende agora ao 2020. 
Neste vídeo hai un breve resumo da presencia internacional na Cume:



Unha realidade preocupante: As temperaturas extremas serán normais en 10 anos!
Dentro de poucos anos, o clima extremo en épocas nas que habitualmente se dan temperaturas moderadas deixará de sorprendernos se se cumpren as previsións dun novo estudo realizado por científicos australianos.

2015 foi o ano máis cálido desde que hai rexistros e os récords mensuais que se foron encadeando no que vai de 2016 suxiren que este tamén vai ser un ano histórico no que respecta ás altas temperaturas. Segundo advirten estes investigadores, anos tan cálidos como 2015 deixarán de ser unha rareza en 2025. E as altas temperaturas en épocas do ano nas que agora non son habituais serán frecuentes dentro de aproximadamente un par de décadas se as emisións de gases de efecto invernadoiro continúan aumentando.
A investigadora Sophie Lewis, da Universidade Nacional de Australia, sostén que xa é inevitable que as temperaturas sexan máis altas que a media rexistrada ata agora!

4 comentarios: