Ademáis o cartel que empregan este ano 2016 para conmemorar a VII Edición da Ciencia en Galego contén as leis de Mendel, o pai da xenética, que estudiou a herdanza a través das plantas dos chícharos. Oportuna selección tendo en conta o papel de Cruz Gallastegui coma xenetista e que este ano 2016 é o ano Internacional das legumes!
Lembremos que este ano 2016 adicouse as legumes e a destacar a súa importancia nutricional!
A Asamblea General das Nacións Unidas proclamou o 2016 como Ano Internacional das Legumes, no que se propón sensibilizar a opinión pública sobre as vantaxes nutricionais das legumes como parte dunha produción de alimentos sostible encaminada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Brindando unha oportunidade de fomentar a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas das legumes, utilizar de maneira máis apropiada as proteínas das legumes e incrementar a produción mundial das legumes.
-Concienciar o importante papel das legumes na produción sostible de alimentos e dietas saludables e a súa contribución a seguridades alimentaria e nutricional.
-Promover o valor e a utilización das legumes no sistema alimentario.
-Alentar as conexións ao largo da cadea alimentaria para una maior produción de legumes.
Que interesante!
ResponderEliminarMoi ben rapaces!!!Coa curiosidade moito se aprende.
ResponderEliminar