A principios de xuño de leste mesmo ano, a comunidade internacional de astrónomos víase sacudida por unha noticia inesperada: a detección dunha galaxia, a primeira, sen materia escura. O seu nome é DF2 e atópase a 65 millóns de anos luz da Terra.
E agora volveu a suceder. Un equipo de astrónomos da Academia de Ciencias de Pequín, en efecto, acaba de anunciar en NatureAstronomy o achado doutras 19 galaxias que conteñen moi pouca, ou ningunha, materia escura. DF2, por tanto, non é un caso illado e o novo achado, un auténtico bofetón na cara dos científicos, dinos ás claras que algo moi importante débesenos estar a escapar. Déixovos un vídeo onde se explica máis detallado:
Moi probablemente a primeira pregunta que se nos achega á mente é: que é un exoplaneta? Un exoplaneta é un planeta fóra do Sistema Solar que orbita arredor dunha estrela distinta ao Sol. O seu descubrimento é moi importante, xa que axuda a ampliar o coñecemento sobre as teorías e modelos de formación de galaxias e estrelas. O observatorio de Calar Alto, denominado ata este ano Centro Astronómico Hispano-Alemán (CAHA), descubriu recientemente novos exoplanetas utilizando o proxecto CARMENES. Consiste nunha búsqueda en alta resolución dun tipo concreto de exoplanetas mediante espectógrafos óptico e de infravermello cercano.
Observatorio de Calar Alto, en Almería
CARMENES, en realidade, son dous instrumentos en un, dous espectógrafos que reciben e estudan distintos rangos da luz que chega ao espello. Situados no subsolo, estes instrumentos son capaces de detectar ata a menor perturbación que un planeta poida exercer sobre a súa estrela. Grazas aos cambios inducidos no astro polo campo gravitatorio do exoplaneta pódese deducir a distancia entre eles e ata a estrutura interna de ambos. Desta maneira, CARMENES detectou decenas de exoplanetas dende que comezou a funcionar. O mais desconcentarte dos seus descubrimentos deuse a coñecer fai tan só uns días, cando se anunciou o descubrimento dun planeta xigante gasoso que orbita unha estrela anana, feito que contradice a teoría dominante sobre a formación de sistemas planetarios.
Cabe destacar que este observatorio, situado en Almería, foi un proxecto alemán no cal, nos seus inicios, os astrólogos hispanos só podían empregar os telescopios durante o 10% do tempo de observación. Non obstante, dende este ano pasou a ser 100% español, e todos os seus descubrimentos dende entonces foron levados a cabo por astrónomos españois. Sen dúbida, un avance moi importante para a astronomía e a ciencia no noso país! É interesante tamén relacionar esta noticia co premio Nobel de Física deste ano 2019, que premia o novo entendemento da estrutura e historia do universo, ademais do primeiro exoplaneta descuberto fóra do noso sistema.
Hoxe, día oito de outubro anunciouse o premio Nobel de Física de 2019, que premia o novo entendemento da estrutura e historia do universo, ademais do primeiro exoplaneta descuberto, fora do noso sistema. O premio foi para o canadense James Peebles, e os suízos Michel Mayor e Didier Queloz. Segundo a Real Academia Sueca das Ciencias, os coñecementos de Peebles sobre cosmoloxía física “enriqueceron todo o campo de investigación e sentaron as bases para a transformación da cosmoloxía no últimos cincuenta anos, da especulación á ciencia. O seu marco teórico, desenvolto desde mediados dos anos 60, é a base das nosas ideas contemporáneas sobre o universo”.
Segundo a Real Academia Sueca das Ciencias, os coñecementos de Peebles sobre cosmoloxía física “enriqueceron todo o campo de investigación e sentaron as bases para a transformación da cosmoloxía no últimos cincuenta anos, da especulación á ciencia. O seu marco teórico, desenvolto desde mediados dos anos 60, é a base das nosas ideas contemporáneas sobre o universo”. Apenas 400.000 anos dende o Big Bang, o universo fíxose transparente e os raios de luz puideron viaxar a través do espazo. Mesmo hoxe en día, esta antiga radiación rodéanos e, dentro dela aínda hai moitos dos segredos do universo.Utilizando as súas ferramentas teóricas e cálculos, Peebles “foi capaz de interpretar estes rastros desde a infancia do universo e descubrir novos procesos físicos”, sinala a institución.
Os resultados descifraron que o 95% do universo é materia escura que descoñecemos. Isto é un misterio e un desafío para a física moderna. Por outro lado, Michel Mayor e Didier Queloz anunciaron fai xa vinte anos o primeiro descubrimento dun planeta fóra do noso sistema solar, un exoplaneta, orbitando unha estrela de tipo solar na nosa galaxia,a Vía Láctea .Cos instrumentos adecuados, puideron ver o planeta 51 Pegasi b, unha bóla gasosa comparable co maior xigante gaseoso do sistema solar, Xúpiter.Resultado de imagen de exoplanetas
Este descubrimento iniciou unha revolución na astronomía e desde entón atopáronse máis de 4.000 exoplanetas na Vía Láctea.
Aínda se están descubrindo novos mundos estraños, cunha incrible riqueza de tamaños, formas e órbitas. “Con numerosos proxectos en marcha para comezar a buscar exoplanetas, podemos eventualmente atopar unha resposta á eterna pregunta de se hai outra vida aí fóra”, agrega o comunicado da Academia.
"Os galardoados deste ano transformaron as nosas ideas sobre o cosmos. Mentres que os descubrimentos teóricos de Peebles contribuíron á nosa comprensión de como evolucionou o universo despois do Big Bang, Maior e Queloz exploraron as nosas veciñanzas cósmicas en busca de planetas descoñecidos. Os seus descubrimentos cambiaron para sempre a nosa concepción do mundo”, conclúe a institución.
Descobren buracos negros masivos no espazo a punto de chocar no centro de decenas de galaxias. Fontes confirman que cada segundo que pasa, a galaxia Andrómeda aproxímase cara a nós uns 110 quilómetros. A ese ritmo, prevese que en 4.000 millóns de anos Andrómeda comezará a fusionarse coa Vía Láctea, xerando unha galaxia xigantesca. Non é a primeira vez que pasa e de feito sábese que a nosa galaxia provén de fusións anteriores.
ABC.es
Crese que no futuro, Andrómeda e a Vía Láctea sumarán as súas estrelas e os seus núcleos, ocupados por senllos buracos negros supermasivos, fundiranse nun só, liberando unha cantidade de enerxía comparable á de millóns de supernovas e rasgando o espazo-tempo. Hai unha certa probabilidade de que, durante a fusión, o Sistema Solar acabe desprazado da súa posición actual, en principio sen sufrir ningún cambio. Agora, un grupo de astrónomos publicou un estudo na revista Nature onde, por primeira vez, puideron observar varios procesos de fusión de galaxias en etapas moi avanzadas, e ademais en lugares «próximos». En todos eles, viron como parellas de buracos negros supermasivos, situados nos núcleos galácticos, están a punto de fusionarse nun obxecto aínda maior: un buraco negro ultramasivo
Ata agora, púidose detectar os procesos de fusión de buracos negros supermasivos dez veces máis afastados, que existiron cando o Universo era máis novo que o actual. Nestes casos, sempre existiu o problema de que cando os núcleos galácticos están a fundirse, as alteracións que provocan na gravidade xeran densas nubes de gas e po ao seu ao redor que dificulta poder velos. Estas mesma nubes, por certo, comezan a alimentar a estes colosos. Estes empezan a crecer e a emitir inxentes cantidades de radiación moi enerxética e poden converterse en cuásares. Na miña opinión penso que pode perxudicar un pouco o contido de espazo pero toda a vida levanse descobrindo fenómenos no espazo e non creo que perxudique a ningún planeta das respectivas galaxias.
En maio de 2018 conseguiuse captar o máis voraz e impresionante buraco negro visto ata agora.
Situado a uns 12.000.000.000 de anos luz e cunha masa equivalente a 20.000.000.000 de soles é unha gran noticia xa que se descubriu que devora unha masa equivalente á do sol cada 48 horas, 200 soles ao ano.
Estas incribles cifras fan que este supermasivo buraco negro sexa tamén extremadamente brillante debido a toda a enerxía que absorve, en concreto o brillo desta besta é 10.000 veces superior ao da galaxia que o contén e se por exemplo estivese no centro da vía láctea veriámolo dez veces máis brillante que a lúa chea o que nos impediría ver as demais estrelas. Este sería o menor dos nosos problemas xa que a inmensa cantidade de radiación que emana del faría imposible a vida na galaxia, por sorte esta tan lonxe que o único problema que supón é o da súa comprensión para os astrofísicos.
Parécenme moi interesantes todos estas achegas que nos permiten comprender un pouco máis a inmensidade do universo porque, sexamos claros,a quen non lle interesa coñecer os segredos que o espazo aínda mantén ocultos?
O novo astro, chamado Ross 128 b, "é o planeta de temperatura temperada situado ao redor dunha estrela calma máis próxima que se coñece", din os autores da investigación na revista Astronomy & Astrophysics, onde presentan os seus resultados. Isto fai que sexa "un obxectivo prioritario [...] para buscar biomarcadores".
O novo planeta está vinte veces máis preto da súa estrela que a Terra do Sol e ten unha masa un 35% maior que a da Terra, pero é o suficientemente pequeno como para ter una superficie sólida sobre a que se poida desenvolver a actividade biolóxica.
O converte a Ross 128 b nun bo candidato para albergar actividade biolóxica, segundo os investigadores, é a estrela arredor da que xira. O planeta completa unha órbita cada once días arredor da enana vermella Ross 128, a estrela mais cercana a Terra da constelación de Virgo, que ademais se está desprazando en dirección ao sistema solar. Dentro de 71.000 anos achegarase a uns 4 anos luz convertirase na estrela máis próxima ao Sol.
Descubriuse co instrumento HARPS, instalado nun telescopio do Observatorio de La Silla, nos Andes de Chile, co obxetivo de buscar exoplanetas. Desde que entrou en servizo no 2003, HARPS converteuse no observatorio terrestre que máis exoplanetas leva descuberto, co descubrimento de máis de 130 novos mundos.
Ante a perspectiva de poder analizar directamente atmosferas
de exoplanetas con novos telescopios que entraran en servizo na próxima década, iniciouse nos últimos anos unha busca sistematica de astros arredor de
estrelas frías próximas á Terra.Estas análises basearanse na detección de gases que poidan ser indicativos de actividade biolóxicaou da habitabilidade dun planeta como o osíxeno, o ozono, o metano ou o vapor de auga.
O prestixioso científico afirma decatarse de que estes corpos espaciais tan descoñecidos carecen de "horizonte de sucesos" , e en cambio teñen un "horizonte aparente" no que a materia e a enerxía, a diferencia do horizonte de sucesos, quedan atrapadas unicamente durante un tempo limitado.
Este plantexamento concorda cunha das bases da física cuántica, a cal indica que a información non pode ser destruida en ningún caso.
A nova aportación de Hawking da máis sentido a estes descoñecidos corpos espacias, e a pesar de que recibiu numerosas críticas, esta nova teoría plantexa un sin fin de novas ideas e cuestións sobre o noso enigmático e inexplorado universo.
Escoitade este podcast que informa do singular eclipse solar que poderemos apreciar mañá, especialmente dende Galicia.
Martín Outeiriño, David Antelo e Belén Estrada resumimos o máis relevante do eclipse solar previsto para o 20 de marzo e repasamos as precaucións que debemos ter, non o perdades!!