Mostrando entradas con la etiqueta MAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAR. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de febrero de 2021

"Os riscos meteorolóxicos"

os riscos metereolóxicos

-Os riscos metereolóxicos débense a situacións metereolóxicas. As mais graves son debidos a sistemas  conventivos  de gran enerxíaque producen eventos moi destructivos:

-Alteración da distribución das masas de aire na troposfera. Orixinanse olas de frío ou calor, que provocan un descenso ou ascenso anormal das temperaturas. Pode durar varios dias e afectar a miles de kilometros cuadrados.

-Temperatura moi elevada da superficie do mar e aire frío en altura. Producese unha convencción moi intensa con desarrollo de grandes masas nubosas. Aparecen trombas de auga, gota fría, tormentas tropicais ou huracans. Os huracans poden durar varios días e afectar áreas de centos ou miles de kilometros cadrados. Os riesgos derivados son: fortes ventos e oleaxe, inundacións, pedrisco, descargas eléctricas, deslizamentos de terras etc.

-Situación anticiclónica estabilizada. Producense sequías que duran varias semanas e ocasionan a pérdida de cosecha, un aumento do riesgo de incendios e escasez de auga potable.

-Presencia de aire quente e húmido en superficie e aire frío en altura. Producese unha convencción moy activa que orixina cumulonimbos. Estos poden desencadear tormentas e tornados que afectan a poucos kilometros cadrados e ocasionan incendios, inundacións, avenidas torrenciais, granizo, fortes ventos etc.

-Situacións anticiclónicas. Producese calima pola presenza de area procedente do desierto na troposfera. Esta situación pode durar varios días ou afectar a áreas de miles de kilometros cadrados. Os principais riesgos derivados son a acumulación de contaminantes, as chuvias de barro e o ambiente seco, caluroso e agobiante.


                                                              Tormenta eléctrica

Opinión persoal: Quedei sorprendido cos danos que pode sufrir o noso planeta por culpa distes riesgos metereolóxicos.


                   















 

martes, 10 de diciembre de 2019

Aparece escuma tóxica na India

Actualmente na India existe unha situación de alarma pola aparición dunha densa escuma branca na praia Marina Beach, en Chennai. Segundo os expertos do Centro Nacional de Investigación Costeira de Chennai, a causa deste fenómeno serían as choivas torrenciais dos últimos días, que precipitarían residuos sen tratar e fosfatos sobre o mar.

Gran parte da escuma procede de residuos de deterxentes mesturados con outros refugallos. Só un 40% das augas residuais de Chennai e de outras cidades no país se tratan adecuadamente. O resto flúe directamente cara o mar, ocasionando problemas como este.


Ante as imaxes de xente bañándose nas praias, a comunidade médica da India advertiu que esta escuma podía provocar problemas na pel. A pesar das advertencias, as centos de familias que viven amontoadas nas inmediacións desta praia ven a escuma tóxica como unha diversión e permiten aos seus fillos bañarse en Marina Beach, co gran perigo que iso supón.  



Non obstante, a aprición desta escuma non é un caso illado. Fórmase na época dos monzóns, pero este ano é particularmente grande, densa e tamén prexudicial para a saúde. As autoridades do país temen que se produza unha catástrofe similar á de 2017, onde milleiros de animais mariños morreron a causa da contaminación das augas nestas mesmas datas. Ademais, en ambas ocasións os ingresos dos pescadores víronse afectados, xa que os clientes desconfían da contaminación entre o peixe capturado.

Neste vídeo podes facerte unha mellor idea da cantidade de escuma presente nas praias e do perigo que supón para as persoas, en especial para os nenos e nenas: 



Se queres coñecer un pouco máis sobre esta noticia ambiental de actualidade, fai click aquí