jueves, 31 de octubre de 2019

Fármaco para un único paciente

Imaxinas un medicamento personalizado e apto só para ti? 
Ou para un membro da túa familia? Ata non fai moito tempo isto era totalmente impensable. Mais gracias aos avances no campo da medicina ultrapersonalizada, agora é posible, e neste artigo imos comprobalo!

Mila Makovec é unha nena estadounidense de 8 anos que padece a enfermidade de Batten, un trastorno neurodexenerativo letal. Os nenos afectados quedan cegos e perden a movilidade, chegando a morrer na adolescencia. Pero os pais de Mila non estaban dispostos a esperar sentados, e crearon unha fundación en favor da súa filla. Co diñeiro recaudado puideron pagar unha terapia feita exclusivamente para a nena. 

O tempo foi un factor clave: en menos dun ano, os investigadores identificaron as mutacións xenéticas de Mila e desenvolveron un tratamento para ela.

O caso desta nena era, canto menos, curioso, xa que para padecer esta enfermidade é necesario contar con dúas copias defectuosas do xen, e Mila só tiña unha.  Os científicos decidiron intentar unha nova técnica que revolucionará a medicina ao convertela nunha medicina ultrapersonalizada: os chamados oligonucleótidos antisentido.


Distribución dos xenes


A única solución que existe para a cura desta enfermidade é bloquear o ARN defectouso, que fai que se acumulen no cerebro proteínas tóxicas. Creouse unha secuencia de 22 letras capaz de enmascarar a mutación da nena, como unha tirita xenética, capaz de frear o proceso letal. 

Os resultados amosan unha melloría na saúde da rapaza, pero sen milagres. O problema co que se atopan agora é se a resposta ao tratamento é real ou tan só foi ralentizado o proceso dexenerativo.

Segundo os pais de Mila, o obxectivo non é salvar á súa filla, senón impulsar a medicina ultrapersonalizada e facela accesible a todos. Todos confiamos en que isto, nun futuro non moi lonxano, sexa unha realidade!





Se queres máis información, fai clic aquí para ver a noticia completa.


martes, 29 de octubre de 2019

Repaso de fallas e pregamentos!

Hoxe vos deixo un  repaso dunha das leccións que demos neste primeiro parcial, fallas e  pregamentos.
Aprendemos e xogamos!

lunes, 28 de octubre de 2019

Descubrimento de exoplanetas!

Moi probablemente a primeira pregunta que se nos achega á mente é: que é un exoplaneta?

Un exoplaneta é un planeta fóra do Sistema Solar que orbita arredor dunha estrela distinta ao Sol. O seu descubrimento é moi importante, xa que axuda a ampliar o coñecemento sobre as teorías e modelos de formación de galaxias e estrelas.

O observatorio de Calar Alto, denominado ata este ano Centro Astronómico Hispano-Alemán (CAHA), descubriu recientemente novos exoplanetas utilizando o proxecto CARMENES. Consiste nunha búsqueda en alta resolución dun tipo concreto de exoplanetas mediante espectógrafos óptico e de infravermello cercano. 

Observatorio de Calar Alto, en Almería


CARMENES, en realidade, son dous instrumentos en un, dous espectógrafos que reciben e estudan distintos rangos da luz que chega ao espello. Situados no subsolo, estes instrumentos son capaces de detectar ata a menor perturbación que un planeta poida exercer sobre a súa estrela. Grazas aos cambios inducidos no astro polo campo gravitatorio do exoplaneta pódese deducir a distancia entre eles e ata a estrutura interna de ambos. 

Desta maneira, CARMENES detectou decenas de exoplanetas dende que comezou a funcionar. O mais desconcentarte dos seus descubrimentos deuse a coñecer fai tan só uns días, cando se anunciou o descubrimento dun planeta xigante gasoso que orbita unha estrela anana, feito que contradice a teoría dominante sobre a formación de sistemas planetarios.  





Cabe destacar que este observatorio, situado en Almería, foi un proxecto alemán no cal, nos seus inicios, os astrólogos hispanos só podían empregar os telescopios durante o 10% do tempo de observación. Non obstante, dende este ano pasou a ser 100% español, e todos os seus descubrimentos dende entonces foron levados a cabo por astrónomos españois. Sen dúbida, un avance moi importante para a astronomía e a ciencia no noso país!

É interesante tamén relacionar esta noticia co premio Nobel de Física deste ano 2019, que premia o novo entendemento da estrutura e historia do universo, ademais do primeiro exoplaneta descuberto fóra do noso sistema. 

viernes, 25 de octubre de 2019

Afecta o cambio de hora a nosa saúde?

Esta fin de semana chega o cambio de hora para así adoptar o horario de inverno. A noite do sábado 26 ao domingo 27 haberá que atrasar os reloxos ás 03.00 da madrugada para que volvan marcar as 02.00 horas (horario peninsular).
A finalidade deste axuste de horarios é o aforro de enerxía, pero moitos expertos non ven do todo claro se é eficiente.
Preguntástesvos algunha vez se este cambio afecta á vosa saúde?
Este novo horario podería provocar algúns síntomas, especialmente en nenos e persoas de avanzada idade, como o cansazo, a falta de atención ou mesmo o mal carácter.
Para diminuír o máximo posible este desaxuste, os expertos recomendan modificar aos poucos o horario das comidas, de durmir ou non botar a sesta este domingo.



Resultado de imagen de cambio de hora
Fonte: ABC

lunes, 14 de octubre de 2019

Nobel de Medicina: As células se adaptan á falta de osíxeno!!!!

Os estadounidenses William Kaelin e Gregg Semenza e o británico Peter Ratcliffe gañaron hoxe o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu descubrimento de "como as células senten o osíxeno dispoñible e adáptanse a el". 



Os tres científicos repártense o galardón a partes iguais por aclarar un mecanismo fundamental que permite a todos os animais transformar osíxeno en enerxía, un tipo de metabolismo — aerobio— que xera 15 veces máis enerxía que o anaerobio, sen aire. Os tres científicos desvelaron como as células son capaces de sentir os niveis de osíxeno na súa contorna e adaptar a eles o metabolismo para que chegue máis osíxeno aos tecidos. 

Estes achados son a base de tratamentos actuais contra a anemia e futuros fármacos contra o cancro. 
En 2016 os tres galardoados recibiron o premio Lasker de investigación médica básica por estes mesmos descubrimento.

A continuación engado un vídeo explicativo do Nobel...



Persoalmente creo, que os descubrimentos realizados polos galardoados co premio Nobel deste ano teñen unha gran importancia, pois a detección de osíxeno é fundamental para unha gran cantidade de enfermidades, entre outras cousas, o que quere dicir que podemos desenvolver tratamentos para combater certas enfermidades. Que bo traballo!



E se lles interesa unha explicación a nivel de bioloxía molecular déixolles esta ligazón.

martes, 8 de octubre de 2019

Recoñecementos á cosmoloxía física e a un exoplaneta!

Hoxe, día oito de outubro anunciouse o premio Nobel de Física de 2019, que premia o novo entendemento da estrutura e historia do universo, ademais do primeiro exoplaneta descuberto, fora do noso sistema. O premio foi para o canadense James Peebles, e os suízos Michel Mayor e Didier Queloz.
Segundo a Real Academia Sueca das Ciencias, os coñecementos de Peebles sobre cosmoloxía física “enriqueceron todo o campo de investigación e sentaron as bases para a transformación da cosmoloxía no últimos cincuenta anos, da especulación á ciencia. O seu marco teórico, desenvolto desde mediados dos anos 60, é a base das nosas ideas contemporáneas sobre o universo”.  



 Segundo a Real Academia Sueca das Ciencias, os coñecementos de Peebles sobre cosmoloxía física “enriqueceron todo o campo de investigación e sentaron as bases para a transformación da cosmoloxía no últimos cincuenta anos, da especulación á ciencia. O seu marco teórico, desenvolto desde mediados dos anos 60, é a base das nosas ideas contemporáneas sobre o universo”. 

 Apenas 400.000 anos dende o Big Bang, o universo fíxose transparente e os raios de luz puideron viaxar a través do espazo. Mesmo hoxe en día, esta antiga radiación rodéanos e, dentro dela aínda hai moitos dos segredos do universo.Utilizando as súas ferramentas teóricas e cálculos, Peebles “foi capaz de interpretar estes rastros desde a infancia do universo e descubrir novos procesos físicos”, sinala a institución. Os resultados descifraron que o 95% do universo é materia escura que descoñecemos. Isto é un misterio e un desafío para a física moderna.

 Por outro lado, Michel Mayor e Didier Queloz anunciaron fai xa vinte anos o primeiro descubrimento dun planeta fóra do noso sistema solar, un exoplaneta, orbitando unha estrela de tipo solar na nosa galaxia,a Vía Láctea .Cos instrumentos adecuados, puideron ver o planeta 51 Pegasi b, unha bóla gasosa comparable co maior xigante gaseoso do sistema solar, Xúpiter.Resultado de imagen de exoplanetas Este descubrimento iniciou unha revolución na astronomía e desde entón atopáronse máis de 4.000 exoplanetas na Vía Láctea.


 Aínda se están descubrindo novos mundos estraños, cunha incrible riqueza de tamaños, formas e órbitas. “Con numerosos proxectos en marcha para comezar a buscar exoplanetas, podemos eventualmente atopar unha resposta á eterna pregunta de se hai outra vida aí fóra”, agrega o comunicado da Academia. "Os galardoados deste ano transformaron as nosas ideas sobre o cosmos. Mentres que os descubrimentos teóricos de Peebles contribuíron á nosa comprensión de como evolucionou o universo despois do Big Bang, Maior e Queloz exploraron as nosas veciñanzas cósmicas en busca de planetas descoñecidos. Os seus descubrimentos cambiaron para sempre a nosa concepción do mundo”, conclúe a institución.