lunes, 14 de octubre de 2019

Nobel de Medicina: As células se adaptan á falta de osíxeno!!!!

Os estadounidenses William Kaelin e Gregg Semenza e o británico Peter Ratcliffe gañaron hoxe o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu descubrimento de "como as células senten o osíxeno dispoñible e adáptanse a el". 



Os tres científicos repártense o galardón a partes iguais por aclarar un mecanismo fundamental que permite a todos os animais transformar osíxeno en enerxía, un tipo de metabolismo — aerobio— que xera 15 veces máis enerxía que o anaerobio, sen aire. Os tres científicos desvelaron como as células son capaces de sentir os niveis de osíxeno na súa contorna e adaptar a eles o metabolismo para que chegue máis osíxeno aos tecidos. 

Estes achados son a base de tratamentos actuais contra a anemia e futuros fármacos contra o cancro. 
En 2016 os tres galardoados recibiron o premio Lasker de investigación médica básica por estes mesmos descubrimento.

A continuación engado un vídeo explicativo do Nobel...



Persoalmente creo, que os descubrimentos realizados polos galardoados co premio Nobel deste ano teñen unha gran importancia, pois a detección de osíxeno é fundamental para unha gran cantidade de enfermidades, entre outras cousas, o que quere dicir que podemos desenvolver tratamentos para combater certas enfermidades. Que bo traballo!



E se lles interesa unha explicación a nivel de bioloxía molecular déixolles esta ligazón.

1 comentario:

  1. Moi interesante! Sen dúbida estes achados son moi importantes para o futuro, a ver se se fan fármacos para os mais necesitados pronto! Bo traballo compañeira!

    ResponderEliminar