Se crees que coñeces o noso sistema dixestivo e respiratorio resultarache doado realizar este test de 10 preguntas adecuado aos alumnos de 6 de primaria. Repasaras todos os contidos dunha forma interactiva e divertida. Espero que disfrutes do test.
martes, 22 de febrero de 2022
As reservas da biosfera
O Consello Internacional de Coordinación do Programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera, reunido en París do 27 ao 30 de maio, incorporou doce novos xacementos á súa Rede Mundial de Reservas da Biosfera, as denominadas “Mariñas Coruñesas” e Terras do Mandeo”. É dicir, que todo o territorio que rodea o municipio coruñés convértese nunha das 621 reservas repartidas polo noso Planeta, repartidas en 117 países. Xunto a esta nova reserva galega, dous xacementos máis: La Granja e El Espinar, na Serra de Gudarrama e Terras del Ebro en Cataluña, sitúan a España no segundo lugar do mundo para os países con máis reservas de biosfera.
As "reservas da biosfera", como a recentemente designada en Galicia teñen como función, ademais da conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano destas áreas, a investigación, a educación e o intercambio de información entre as distintas reservas, que conforman unha rede global. Na Declaración de Madrid sobre o Programa MAB da UNESCO e sobre a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, entre outros chamamentos, formulouse a seguinte petición: que "o potencial de actuación das reservas da biosfera para abordar cuestións emerxentes como a perda de coñecemento e diversidade cultural, demografía, perda de terras cultivables, cambio climático, biodiversidade e desenvolvemento sostible; e, en particular, como lugares para investir e innovar, co obxectivo de mitigar o cambio climático e adaptarse a el, promovendo un maior uso das enerxías renovables en alternativas sostibles tanto no medio rural como urbano, ademais de incrementar e aproveitar os servizos e produtos ecosistémicos no desenvolvemento sostible para o benestar humano”.
Agora que a protección do medio ambiente non parece ser unha prioridade para moitos Gobernos e Administracións Públicas, confiamos en que este entusiasta proxecto permita poñer en valor e protexer o enorme potencial que ofrece esta marabillosa reserva da biosfera.
lunes, 21 de febrero de 2022
Coñeces ben as principais capas externas e internas da Terra?
Pensas que coñeces moito sobre as principais capas da Terra? Pois descúbreo con este pasapalabra sobre capas internas ou externas da Terra como a hidrosfera, atmosfera... Disfruta e aprende xogando!
viernes, 18 de febrero de 2022
Canto coñeces do medioambiente?
O medio ambiente é o conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capces de causar efectos directos ou indirectos, nun plazo corto ou largo, sobre os seres vivos e as actividades humanas. A humanidade interactúa intensamente co seu medio ambiente, xa que a nosa existencia depende totalmente de él.
Neste pequeno test, apto para todas as edades, podes pór a proba os teus coñecementos sobre o medio ambiente:
CURIOSIDADES PARA TODOS!
Canto sabes da dinámica externa da Terra e do relevo?
Os axentes xeolóxicos externos son sistemas fluidos, formados por auga, xeo e aire en movemento que realizan os traballos de erosión, transporte e sedimentación a favor da diferenza de enerxía potencial existente entre os diversos lugares da Terra.
Despois de recordar o básico dos axentes xeolóxicos externos que modelan a superficie terrestre, proba esta actividade para comprobar o que sabes:
Personaxes do entroido en Ourense
Neste xogo podes aprender a coñecer o entroido tradicional da provincia de Ourense.
Xoga e aprende!
ACTIVIDADE INTERACTIVA PARA QUE OS RAPACES DE PRIMARIA SE POÑAN A PROBA
jueves, 17 de febrero de 2022
Valentina Tereshkova, a primeira muller en viaxar o espazo exterior
Tereshkova comezou a escola en 1945 á idade de oito anos, pero deixouna en 1953 e continuou a súa educación mediante cursos por correspondencia. A temperá idade interesouse polo paracaidismo, adestrándose no Aeroclub local. Fixo o seu primeiro salto aos 22 anos o 21 de maio de 1959, sendo aínda unha traballadora téxtil. Foi a súa experiencia en paracaidismo que a conduciu á súa selección como cosmonauta
Hipatia de Alejandría
Considérase a primeira cientifica da historia. Hipatia foi unha filósofa e mestra da escola neoplatónica de Alexandría a comezos do século V. Destacou nos campos das matemáticas e a astronomía e foi membro e cabeza da mencionada escola que, entre outros avances –algúns fundamentais en xeometría ou algebra- impulsou no ambito da cosmología o heliocentrismo, desprazando á Terra do centro do universo.
viernes, 11 de febrero de 2022
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2022
Este ano 2022 o tema é "Equidade, Diversidade e Inclusión: A auga únenos". A ciencia e a igualdade de xénero son fundamentais para o desenvolvemento sostible. Aínda así, as mulleres seguen atopando obstáculos no campo da ciencia: menos do 30% de investigadores científicos no mundo son mulleres.
Na asignatura de CCMA de 2ºBAC realizamos diversas entradas sobre mulleres científicas e as súas aportacións ao longo da historia. Nesta infografía recóllese estas actividades:
jueves, 10 de febrero de 2022
Elizabeth Blackburn e o seu estudo dos telómeros dos cromosomas
ISABEL ZENDAL
A primeira enfermeira en misión humanitaria da historia.
Lise Meitner
viernes, 4 de febrero de 2022
Margarita Salas
Margarita Salas Falgueras (Canero, Asturias, 30 de novembro de 1938 - Madrid, 7 de novembro de 2019). Científico e investigador bioquímico español. Doutor en Ciencias, licenciado en Química pola Universidade Complutense de Madrid en 1963.
Traballou con Alberto Sols, Severo Ochoa -en Estados Unidos, que dirixiría o seu traballo posdoutoral en 1964-1967 no Departamento de Bioquímica da Universidade de Nova York- e xunto co seu marido Eladio Viñuela impulsaron a investigación española dentro da campos da bioquímica e da bioloxía molecular. En 1967 volveu a España e de 1968 a 1992 foi profesora de Xenética Molecular na Facultade de Química da Universidade Complutense e dende 1974 traballa no Centro de Bioloxía Molecular "Severo Ochoa".
É membro das máis importantes sociedades e institutos científicos nacionais e internacionais, así como do consello editorial de principais publicacións científicas.
Margarita Salas é membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, da Real Academia Española e presidenta da Fundación Severo Ochoa. Durante os anos 1995-2003 dirixiu o Instituto de España, institución que coordina as Reais Academias.
En maio de 2007, converteuse na primeira muller española en formar parte da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
A súa actividade científica ascende a máis de 300 publicacións en revistas e libros internacionais e ten dirixido máis de 28 teses de doutoramento.
Segundo o Real decreto 1175/2008, concédeselle o título de Marquesa de Canero. Depositou un legado na Caixa das Letras do Instituto Cervantes que permaneceu gardado ata o 27 de xaneiro de 2018. Constaba de dous cadernos con apuntamentos sobre as súas investigacións no laboratorio de Severo Ochoa na Universidade de Nova York,
Recibiu o Premio ao Inventor Europeo 2019 da Oficina Europea de Patentes uns meses antes da súa morte en Madrid o 7 de novembro de 2019.
jueves, 3 de febrero de 2022
Inge Lehmann e a descontinuidade de Lehmann
|
Esquema do interior da Terra - Wikipedia |
Rosalind Franklin e a primeira fotografía da estrutura do ADN
Dende o principio hai centos de anos, as mulleres foron ganando cada vez máis dereitos, e con eso a prohibición de que as muleres poidan asistir á universidade e convertirse en científicas levantouse. Dende ese momento, todas as mulleres científicas desempeñaron un papel fundamental no descubriemto de cousas importantísimas como a estrutura do ácido desoxirribonucleico ou ADN. Aunque o traballo destas mulleres non sempre é recoñecido, o que realizou Rosalind Franklin (1920 - 1958) cambiou o mundo da bioloxía para sempre.
Franklin foi a primeira muller en fotografiar con raios X a estrutura de dobre hélice do ADN, pero non se lle recoñeceu o mérito ata anos despois da súa morte de cancro de ovarios.
Un dos seus compañeiros de laboratorio, Maurice Wilkins, mostroulle a imaxe aos seus compañeiros e xuntos publicaron este descubrimento na revista Nature. Recibiron o Premio Nobel catro anos despois de que Rosalind falecera.
Aquí tedes un video sobre como funciona o ADN por es estades interesados en aprender máis sobre o tema: