A maioría das persoas saberán que o noso planeta está formado por diferentes capas: a cortiza, o manto (superior e inferior) e o núcleo (externo e interno). Sen embargo, poucos coñecen o nome de Inge Lehmann, quen descubriu a descontinuidade que separa o núcleo externo do núcleo interno.
|
Inge Lehmann (1888-1993) foi unha sismóloga e xeofísica dinamarquesa. En 1936, descubriu que a Terra ten un núcleo interno sólido dentro dun núcleo externo fluído. Antes diso, os científicos crían que o núcleo da Terra era unha única esfera derretida. Os sismólogos non eran quen de explicar as medidas das ondas sísmicas dos terremotos, que eran inconsistentes coa súa teoría. Lehmann analizou as medidas das ondas sísmicas, e chegou á conclusión de que a Terra tiña un núcleo sólido interno. Outros sismólogos puxeron a proba a súa teoría e aceptaron a explicación de Lehmann.
A chamada descontinuidade de Lehmann foi o seu maior descubrimento. Esta descontinuidade sísmica foi descuberta en 1936 e demostrou que existía un límite entre o que hoxe coñecemos como o núcleo externo líquido e o núcleo interno sólido da Terra. O descubrimento foi de gran importancia, xa que, ata entón críase que a Terra era oca.
Esquema do interior da Terra - Wikipedia |
Houbo que esperar ata 1970 para que novas medicións máis tecnolóxicas confirmasen a teoría da sismóloga danesa. A danesa trasladouse a Estados Unidos onde seguiu os seus estudos do centro da Terra, e viaxou polo mundo estudando sismos. Xa desde os anos 60 que comezou a ser honrada pola comunidade científica, e en 1971 foille outorgada a William Bowie medal, o máis importante galardón da asociación xeofísica de EE. UU; e foi a primeira muller en recibilo. Foi unha das científicas máis lonxevas da historia, xa que chegou a cumprir 104 anos.
Para finalizar, déixovos un vídeo:
Fontes consultadas:
- navasola
No hay comentarios:
Publicar un comentario