O Consello Internacional de Coordinación do Programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera, reunido en París do 27 ao 30 de maio, incorporou doce novos xacementos á súa Rede Mundial de Reservas da Biosfera, as denominadas “Mariñas Coruñesas” e Terras do Mandeo”. É dicir, que todo o territorio que rodea o municipio coruñés convértese nunha das 621 reservas repartidas polo noso Planeta, repartidas en 117 países. Xunto a esta nova reserva galega, dous xacementos máis: La Granja e El Espinar, na Serra de Gudarrama e Terras del Ebro en Cataluña, sitúan a España no segundo lugar do mundo para os países con máis reservas de biosfera.
As "reservas da biosfera", como a recentemente designada en Galicia teñen como función, ademais da conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano destas áreas, a investigación, a educación e o intercambio de información entre as distintas reservas, que conforman unha rede global. Na Declaración de Madrid sobre o Programa MAB da UNESCO e sobre a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, entre outros chamamentos, formulouse a seguinte petición: que "o potencial de actuación das reservas da biosfera para abordar cuestións emerxentes como a perda de coñecemento e diversidade cultural, demografía, perda de terras cultivables, cambio climático, biodiversidade e desenvolvemento sostible; e, en particular, como lugares para investir e innovar, co obxectivo de mitigar o cambio climático e adaptarse a el, promovendo un maior uso das enerxías renovables en alternativas sostibles tanto no medio rural como urbano, ademais de incrementar e aproveitar os servizos e produtos ecosistémicos no desenvolvemento sostible para o benestar humano”.
Agora que a protección do medio ambiente non parece ser unha prioridade para moitos Gobernos e Administracións Públicas, confiamos en que este entusiasta proxecto permita poñer en valor e protexer o enorme potencial que ofrece esta marabillosa reserva da biosfera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario