jueves, 10 de febrero de 2022

Elizabeth Blackburn e o seu estudo dos telómeros dos cromosomas

Elizabeth Helen Blackburn é unha bioquímica australiana, descubridora da telomerasa e gañadora do premio Nobel de Medicina en 2009. A teleromasa trátase dunha unha enzima que forma os telómeros durante a duplicación do ADN e que podería supoñer unha importante contribución á búsqueda dun tratamento contra o cancro. 

Estudou Bioquímica na Universidade de Melbourne e conseguiu o doctorado en bioloxía Molecular en 1975 pola Universidade de Cambridge. Blackburn comeza a estudiar os telómeros en 1975 e nove anos mais tarde, en 1984, descubre xunto a Carol Greider a enzima telomerasa, sendo capaces de aillala apenas un ano despois. 



É unha das primeiras bioquímicas que estudou os telómeros; os extremos dos cromosomas das células eucariotas, imprescindibles para a división celular e para manter a integridade e a estabilidade dos cromosomas.
A enzima telomerasa, a encargada de formar os telómeros durante a duplicación do ADN, é a encargada da vida das células. Canto menor sea a segregación de telomerasa, mais cortos serán os telómeros, ata que a división celular sexa imposible e as células acaben morrendo. 

Blackburn e Greider tamén descubriron que as células cancerosas, con todo, son capaces de seguir producindo maior cantidade de telomerasa, provocando a aparición de tumores. Este descubrimento pode contribuír a atopar substancias, métodos ou dianas eficaces para frear a segregación desta encima e así axudar no tratamento contra o cancro.



Nos últimos anos, Blackburn e os seus compañeiros estiveron investigando o efecto que ten o estrés sobre a telomerasa e os telómeros, con especial énfase na meditación de atención plena. Estes estudos suxiren que o estrés psicolóxico crónico pode acelerar o envellecemento a nivel celular. Ademais, atopouse que a violencia inflixida pola parella acurta a lonxitude dos telómeros en mulleres que sufriron abusos en comparación coas mulleres que nunca sufriron abusos, o que posiblemente causa unha peor saúde xeral e unha maior morbilidade nas mulleres que sufriron abusos.

Actualmente, Blackburn actualmente investiga os telómeros e a telomerasa en moitos organismos, desde fermentos ata células humanas. O laboratorio no que traballa céntrase no mantemento dos telómeros e como isto ten un impacto no envellecemento celular. Moitas enfermidades crónicas asociáronse co mantemento inadecuado destes telómeros, o que afecta a división celular, o ciclo e o crecemento deficiente. Á vangarda da investigación dos telómeros, o laboratorio de Blackburn actualmente investiga o impacto do mantemento limitado dos telómeros nas células mediante a alteración da encima telomerasa.







No hay comentarios:

Publicar un comentario