Margarita Salas Falgueras (Canero, Asturias, 30 de novembro de 1938 - Madrid, 7 de novembro de 2019). Científico e investigador bioquímico español. Doutor en Ciencias, licenciado en Química pola Universidade Complutense de Madrid en 1963.
Traballou con Alberto Sols, Severo Ochoa -en Estados Unidos, que dirixiría o seu traballo posdoutoral en 1964-1967 no Departamento de Bioquímica da Universidade de Nova York- e xunto co seu marido Eladio Viñuela impulsaron a investigación española dentro da campos da bioquímica e da bioloxía molecular. En 1967 volveu a España e de 1968 a 1992 foi profesora de Xenética Molecular na Facultade de Química da Universidade Complutense e dende 1974 traballa no Centro de Bioloxía Molecular "Severo Ochoa".
É membro das máis importantes sociedades e institutos científicos nacionais e internacionais, así como do consello editorial de principais publicacións científicas.
Margarita Salas é membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, da Real Academia Española e presidenta da Fundación Severo Ochoa. Durante os anos 1995-2003 dirixiu o Instituto de España, institución que coordina as Reais Academias.
En maio de 2007, converteuse na primeira muller española en formar parte da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
A súa actividade científica ascende a máis de 300 publicacións en revistas e libros internacionais e ten dirixido máis de 28 teses de doutoramento.
Segundo o Real decreto 1175/2008, concédeselle o título de Marquesa de Canero. Depositou un legado na Caixa das Letras do Instituto Cervantes que permaneceu gardado ata o 27 de xaneiro de 2018. Constaba de dous cadernos con apuntamentos sobre as súas investigacións no laboratorio de Severo Ochoa na Universidade de Nova York,
Recibiu o Premio ao Inventor Europeo 2019 da Oficina Europea de Patentes uns meses antes da súa morte en Madrid o 7 de novembro de 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario