Aquí tedes un test que podedes realizar para descubrir e aprender novas cousas sobre a célula.
lunes, 10 de mayo de 2021
Educaplay sobre a inmunidade.
Aquí vos deixo un educaplay sobre a inmunidade para repasar este tema de bioloxía xogando!
domingo, 9 de mayo de 2021
A Parker Solar Probe da NASA descobre unha emisión de radio en Venus!
Durante un breve xiro por Venus, a misión Parker Solar Probe da NASA detectou un sinal de radio de orixe natural que revelou que a nave espacial había voado a través da atmosfera superior do planeta. Esta foi a primeira medición directa da atmosfera de Venus en case 30 anos.
O 11 de xullo de 2020, durante o seu terceiro sobrevoo de Venus, o xerador de imaxes WISPR de Parker Solar Probe capturou esta vista ao lado nocturno de Venus a unha distancia de 12.000 quilómetros. Fuente: https://www.nasa.gov/ |
O 11 de xullo de 2020, a Parker Solar Probe sobrevoou por terceira vez Venus. Cada sobrevoo está deseñado para aproveitar a gravidade do planeta e impulsar a nave espacial a unha órbita cada vez máis próxima ao Sol.
Motivos para coidar as plantas
As plantas son seres vivos autótrofos pero sabes por qué son importantes para o medioambiente?
A continuación podedes ver un vídeo onde se amosa a súa importancia
Un dos beneficios das plantas e a limpeza do aire grazas a fotosíntese.
sábado, 8 de mayo de 2021
Repasa bioloxía con este relaciona!
Ola a todos! Hoxe tráigovos un relaciona variado cos contidos das última leccións. Espero que vos guste e que repasedes mentras vos divertides!
Test dos enlaces!
Ola a todos! Hoxe tráigovos un educaplay no que repasaredes os principais enlaces que se viron durante o curso en bioloxía.
Espero que vos guste e que aprendades moito co educaplay!
viernes, 7 de mayo de 2021
Coidemos o medio ambiente!
O medio ambiente é moi importante, porque del obtemos auga, comida, combustibles e materias primas que serven para fabricar todo o que utilizamos diariamente. El é o noso fogar, del depende a nosa existencia humana. Ao abusar ou facer un mal uso dos recursos naturais que se obteñen do medio ambiente, poñémolo en perigo e esgotámolo. O aire e a auga están a se contaminar, os bosques están a desaparecer, debido aos incendios e á explotación excesiva e os animais vanse extinguindo polo exceso da caza e da pesca.
Nesta imaxe interactiva déixovos cinco consellos que podedes seguir facilmente dende casa para contribuír ao coidado do medio ambiente. Todos debemos poñelos en práctica!
Educaplay sobre o ADN
Neste educaplay poderás repasar unha serie de termos relacionados co ADN unindo cada un deles coa imaxe ou micrografía que lle corresponda. Xoga e aprende!
Ciclos bioxeoquímicos
Queres saber máis sobre os ciclos da materia?
Coñécense como ciclos bioxeoquímicos ou ciclos da materia aos circuítos de intercambio de elementos químicos entre os seres vivos e o ambiente que os rodea, mediante unha serie de procesos de transporte, produción e descomposición. O seu nome provén dos prefixos gregos bio, “vida”, e xeo, “terra”.
Nestes ciclos interveñen tanto as distintas formas de vida (vexetal, animal, microscópica, etc.), como elementos e compostos naturais inorgánicos (choivas, ventos, etc.). Trátase dun perpetuo desprazamento de materia dun lugar a outro, que permite a reciclaxe dos nutrientes dispoñibles na biosfera.
Nesta infografía poderás coñecer máis sobre os principais ciclos que se dan na natureza. Fai click e comeza a aprender!
lunes, 3 de mayo de 2021
Tipos de rocha segundo a orixe
Bo día! Aquí tendes un educaplay para que practiquedes os tipos de rocha que hai segundo a orixe que teñen. Sorte a todos!
Tipos de inmunidade
Ola a todos! Este educaplay pode axudarvos a repasar os tipos de inmunidade.
Espero que vos sexa de axuda. Sorte!
Interestellar Probe
A finais dos setenta, a sondas xemelgas voyager, empezaron a enviar imaxes de Xúpiter e Saturno.
Hoxe en día, a NASA está a pensar nunha nova misión instrumentación máis avanzada e aínda máis lonxe. Esta será a sonda Interestellar Probe. Esta misión podería chegar en 2030 e terá moito máis alcance que as sondas voyager.
Ademais, a vida útil da sonda será de uns 50 anos, o que a permitirá a unhas 100 unidades astronómicas do Sol, o que se traduce a uns 150.000 millóns de kilómetros, 10 veces máis ca as voyager.
Aumento no "cronómetro de vacinación"!
Por primeira vez desde o comezo da campaña de vacinación contra a Covid-19 en Galicia, da que xa se cumpren máis de catro meses, esta fin de semana foi posible observar o avance diario da administración de doses sen o ‘parón’ do sábado e o domingo, días nos que o Ministerio de Sanidad non achega información deste indicador. Desde a semana pasada, a Consellería de Sanidade publica a actualización diaria do ‘cronómetro’ de vacinación, no que desde o venres se observa un aumento a moita maior velocidade na cifra de persoas que completaron a pauta de vacinación; desde o pasado venres, máis de 100.000 persoas, principalmente maiores de 70 anos.
Tal e como se pode ver baixo estas liñas, a administración da segunda dose a estas persoas chega algo menos dun mes despois do salto de comezos de abril, cando o número de primeiras doses inxectadas acelerouse. Esta situación débese ao período que, segundo as indicacións dos fármacos de Pfizer-BioNTech e Moderna, que se usan nas persoas maiores de 70 nos, hai que deixar entre unha e outra inxección. Do mesmo xeito, durante os últimos días freouse moito máis o crecemento de persoas que recibiron a primeira dose.
Imaxe: Consellería de Sanidade/Elaboración propia |
Desta forma, ata a mañá deste luns un 30,13% da poboación galega recibira, polo menos, unha dose da vacina. E no caso da pauta completa, a porcentaxe pasou do 10,62% do pasado venres ao 14,31% deste luns.
A información que Sanidad difundirá esta tarde botará máis luz sobre en que grupo concreto de idade se produciu este avance, xa que o Sergas non achega nos seus datos en que franxas se completa a pauta. Si se ofrece o número de persoas cunha dose, que supera amplamente o 90% no grupo de maiores de 75 anos e está a medrar nos últimos días no grupo de 60 a 74.
A pesar do importante paso, Sanidade non acadou o obxectivo marcado de inxectar polo menos unha dose a todas as persoas maiores de 70 antes do final da semana pasada. O ritmo, porén, estase acelerando nas últimas xornadas, con máis de 30.000 doses diarias. Para xuño, a Xunta prevé que reciban canto menos unha dose todas as persoas maiores de 60 anos.
Completa as definicións
REPASO FINAL!
domingo, 2 de mayo de 2021
Meteorización química e física
Aprende os diferentes tipos de meteorización física e química con iste educaplay tan divertido e sinxelo. Espero que aprendades moito!
O cambio climático ha cambiado o eixo da Terra
Desde a década de 1990 produciuse un cambio no movemento dos polos, algo que, segundo o último estudo publicado na revista Geophysical Research Letters, débese ao derretimiento dos glaciares debido ao quecemento global.