Queres saber máis sobre os ciclos da materia?
Coñécense como ciclos bioxeoquímicos ou ciclos da materia aos circuítos de intercambio de elementos químicos entre os seres vivos e o ambiente que os rodea, mediante unha serie de procesos de transporte, produción e descomposición. O seu nome provén dos prefixos gregos bio, “vida”, e xeo, “terra”.
Nestes ciclos interveñen tanto as distintas formas de vida (vexetal, animal, microscópica, etc.), como elementos e compostos naturais inorgánicos (choivas, ventos, etc.). Trátase dun perpetuo desprazamento de materia dun lugar a outro, que permite a reciclaxe dos nutrientes dispoñibles na biosfera.
Nesta infografía poderás coñecer máis sobre os principais ciclos que se dan na natureza. Fai click e comeza a aprender!
No hay comentarios:
Publicar un comentario