Un pouco antes, á primeira hora da mañá e sen a presenza dos medios de comunicación, foi posto en liberdade un terceiro exemplar que proviña do centro de reprodución da Olivilla.
Os tres exemplares recentemente chegados agora terán que aclimatarse ao lugar e espérase que nuns meses buscarán a unha posible parella de entre as 15 femias reprodutoras que hai agora mesmo na conca do río Matachel para aparearse.
Os linces postos en liberdade este luns non teñen ningunha relación de parentesco, xa que se escolle aos animais máis diferentes xeneticamente de cada centro, porque un dos principais problemas desta especie é a consanguinidade e as enfermidades derivadas da mesma.
Mentres tanto, os animais serán continuamente monitorados polos técnicos do programa a través dunha antena radio e un sinal GPS que se lles instalou. Detrás de toda esta operación, existe un equipo de traballo que controlará a evolución dos animais postos en liberdade que se complementará con imaxes e información que faciliten os veciños da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario