martes, 21 de noviembre de 2017

Grave sequía en Galicia

Dende comezos deste ano 2017 as precipitacións foron moi escasas en Galicia, e en xeral en toda España, provocando unha grave sequía. Aínda que non hai un estudo que o verifique, unha das causas pode ser o cambio climático que estamos sufrindo en todo o mundo.

Moitas cidades e aldeas en Galicia están en alerta por sequía e os concellos están aplicando diversas medidas restrictivas, como a limitación da rega dos xardíns públicos ou un maior control nas fontes públicas.

Esta sequía provoca numerosos problemas económicos: 

  • Na agricultura e na gandería, que causa a subida do prezo de algún alimentos xa que a produción disminúe pola escaseza de auga;
  • A redución da cantidade de enerxía hidroeléctrica que obtemos e o consecuente aumento da factura da luz;
  • O aumento do risco dos incendios forestais e a súa maior facilidade para expandirse, como os que ocorreron en outubro...


Por agora o abastecemento de auga está garantido, pero esta situación pode cambiar se segue sen chover. Por isto é importante que todos aforremos auga nos nosos fogares, agora e sempre. 

A continuación déixovos un link dunha páxina onde podedes ver un cartel realizado por Viaqua con consellos para aforrar auga: Cartel Viaqua

E por último adxunto un video relacionado co tema:

martes, 14 de noviembre de 2017

O radón e as súas consecuencias!!!

O radón e as súas consecuencias

radón é un gas radiactivo emitido pola  desintegración normal dos elementos químicos, uranio, torio e radio nas rochas e na terra. O radón disólvese nas augas subterráneas e pode difundirse no aire, cando se usa esa auga. O radón  atópase prácticamente en todo o aire, todo o mundo o inhala en altas cantidades, e isto ten un elevado risco de provocar cancro de pulmón. O radón métese polas grietas das casas ou mismamente polas paredes e polo chán. As vivendas con maior aislamento e que están herméticamente selladas teñen máis concentración de este gas tan perigoso.

O radón está  composto por unas pequenas partículas radiactivas que ao ser inhaladas poden danar as células que recobren os pulmóns. Fumar é moi perigoso para a saúde, o radón e menos perxudicial, no obstante en EEUU o radón e a segunda maior causa do cancro de pulmón.

Uns estudos que fixeron uns científicos sobre o radón en Galicia, determina que hai una alta cantidade de este gas na comunidade Galega o cal pode provocar tumores cerebrais. Onde máis preocupante son estes feitos é na provincia de Ourense e Pontevedra.

Aparte de cancro de pulmón este gas tamén pode producir tumores como dixemos anteriormente cerebrais, pero non só iso senón que tamén tumores na pel, nos riles e noutras partes do noso corpo.
En municipios de Ourense como O Bolo e A Mezquita a cantidade de radón residencial rexistrada polos investigropeadores supera o límite máximo de radiación establecido por unha nova directiva da Comisión EEUA a 300 becquerelios por metro cúbico. O risco de padecer cancro aumentou un 16%.

"Esta é unha foto que presenta as zonas de risco do radón":