martes, 21 de noviembre de 2017

Grave sequía en Galicia

Dende comezos deste ano 2017 as precipitacións foron moi escasas en Galicia, e en xeral en toda España, provocando unha grave sequía. Aínda que non hai un estudo que o verifique, unha das causas pode ser o cambio climático que estamos sufrindo en todo o mundo.

Moitas cidades e aldeas en Galicia están en alerta por sequía e os concellos están aplicando diversas medidas restrictivas, como a limitación da rega dos xardíns públicos ou un maior control nas fontes públicas.

Esta sequía provoca numerosos problemas económicos: 

  • Na agricultura e na gandería, que causa a subida do prezo de algún alimentos xa que a produción disminúe pola escaseza de auga;
  • A redución da cantidade de enerxía hidroeléctrica que obtemos e o consecuente aumento da factura da luz;
  • O aumento do risco dos incendios forestais e a súa maior facilidade para expandirse, como os que ocorreron en outubro...


Por agora o abastecemento de auga está garantido, pero esta situación pode cambiar se segue sen chover. Por isto é importante que todos aforremos auga nos nosos fogares, agora e sempre. 

A continuación déixovos un link dunha páxina onde podedes ver un cartel realizado por Viaqua con consellos para aforrar auga: Cartel Viaqua

E por último adxunto un video relacionado co tema:

No hay comentarios:

Publicar un comentario