Mostrando entradas con la etiqueta EFECTO INVERNADOIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EFECTO INVERNADOIRO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de febrero de 2021

A reducción de gases de efecto invernadoiro nas granxas de Nestlé.

  Nestlé comprometeuse a reducir á metade as emisións de gases de efecto invernadoiro que producen as granxas de leite que a abastecen antes do ano 2030. A compañía tamén afirmou que no 2050 estas explotacións alcanzarán as cero emisións. Para conseguir este obxectivo, reducirá drasticamente os gases de efecto invernadoiro que se xeran actualmente desde a granxa ata a mesa. 


A compañía gastarase a nivel mundial 3.200 millóns de francos suízos durante o próximos cinco anos para acelerar o traballo contra o cambio climático e conseguir cero emisións netas. Esta cifra inclúe 1.200 millóns destinados a impulsar a agricultura  regenerativa en toda a cadea de subministración. Máis de dous terzos das súas emisións a nivel global proveñen da produción de ingredientes agrícolas que utiliza e obtén das 500.000 granxas coas que traballa de forma directa e doutros 4,5 millóns de explotacións que contrata a través de provedores de todo o mundo. Para abordar este tipo de emisións,  Nestlé transformará a forma na que se producen as materias primas buscando converter as prácticas máis intensivas en agricultura  regenerativa, en beneficio da natureza e para mellorar os ingresos dos agricultores. Unha das súas liñas de traballo levará a cabo nas granxas leiteiras, onde queren implantar as cero emisións netas. Explica esta empresa que os produtos lácteos son fundamentais para o seu futuro, pero que se busca desenvolver alimentos que sexan beneficiosos para as persoas e o planeta. Por iso, comezouse a traballar coa Fundación Global  Nature, co obxectivo de reducir nun 20 % as emisións asociadas ás granxas que conforman o Radio Leiteiro en 2030, isto é, aquelas explotacións que se sitúan nun radio de 50 quilómetros ao redor das súas fábricas en España, entre as que se atopa a de Pontecesures.




Proxecto  pilotoEste ano poñerase en marcha un proxecto piloto en 16 granxas nas que se medirán as emisións que xera cada unha delas e revisaranse as boas prácticas realizadas para reducir as mesmas. Partindo destes estudos,  Nestlé creará un catálogo de medidas de mitigación para implantar de forma progresiva nas preto de 250 granxas situadas na cornixa cantábrica que provén de leite á empresa. Desta forma, prevese que a partir do próximo ano se empezo a desenvolver esta iniciativa no resto das explotacións do Radio Leiteiro.  Nestlé está a desenvolver outros proxectos similares en Suíza e Reino Unido, onde se conseguiron resultados positivos na redución das emisións de carbono. Estas lográronse poñendo en prácticas boas iniciativas agrícolas, como o uso de alimentos locais ou traballar no coidado das vacas mediante a mellora de prácticas veterinarias.




domingo, 20 de noviembre de 2016

As temperaturas extremas serán normais en 10 anos!

A Cume do Clima deste novembro en Marrakech remata cos primeiros pasos para por en marcha o Acordo de París! 



 O texto aprobado saúda a entrada en vigor, en menos dun ano do Acordo de París, que hoxe xa ratificaron 111 países responsables de case o 80% das emisións globais de carbono, e subliña a urxencia aos países a traballar a nivel nacional para acadar os obxectivos de redución de emisións prometidos dende agora ao 2020. 
Neste vídeo hai un breve resumo da presencia internacional na Cume:



Unha realidade preocupante: As temperaturas extremas serán normais en 10 anos!
Dentro de poucos anos, o clima extremo en épocas nas que habitualmente se dan temperaturas moderadas deixará de sorprendernos se se cumpren as previsións dun novo estudo realizado por científicos australianos.

2015 foi o ano máis cálido desde que hai rexistros e os récords mensuais que se foron encadeando no que vai de 2016 suxiren que este tamén vai ser un ano histórico no que respecta ás altas temperaturas. Segundo advirten estes investigadores, anos tan cálidos como 2015 deixarán de ser unha rareza en 2025. E as altas temperaturas en épocas do ano nas que agora non son habituais serán frecuentes dentro de aproximadamente un par de décadas se as emisións de gases de efecto invernadoiro continúan aumentando.
A investigadora Sophie Lewis, da Universidade Nacional de Australia, sostén que xa é inevitable que as temperaturas sexan máis altas que a media rexistrada ata agora!