lunes, 30 de noviembre de 2020
"Como reparar os efectos dunha marea negra"
Sabías que hai moitos elementos da taboa periódica en perigo de extinción?
O consumo excesivo está a facer que cada vez requiramos máis materia prima, e aínda que uno sola pensar nas plantas ou animais, a verdade é que tamén nos estamos quedando sen elementos químicos. Por iso, o Instituto Americano Green de Química (ACS) publicou unha táboa cos elementos “en perigo de extinción”.
En total, o gráfico (situado liñas abaixo) mostra 44 elementos cuxa oferta está en risco. Para algúns, o risco é máis grave que para outros, pero hai 9 elementos cuxo subministración está baixo “grave ameaza” para os próximos 100 anos, e outros 7 cuxo risco crece a cada ano.
O problema é que algúns elementos, dos que moitos non oímos falar, atópanse en tecnoloxías ou aplicacións que damos por sentado. Sen eles non poderemos continuar co noso estilo de vida.
Antes de pasar a ver os elementos máis importantes e os seus usos debemos aclarar que cando falamos de “perigo de extinción” non estamos a dicir que ese elemento desaparecerá por completo da Terra, senón que chegará o momento en que a demanda diminuirá a subministración, ou chegaremos ao momento en que sexa demasiado caro extraer ou usar un elemento en particular, e teranse que buscar alternativas.
Crucigrama sobre a estructura e función das células
A célula é o organismo de menor tamaño considerado como ser vivo, xa que este é capaz de realizar as tres funcións vitais: nutrición, relación e reproducción por si só. Estas son os principais componentes dos seres vivos tanto dos unicelulares, coma bacterias ou protozos, como dos pluricerulares, coma os animais e plantas.
Este é un cucigrama sinxelo para repasar a súa estructura e as principais funcións que realizan.
domingo, 29 de noviembre de 2020
As rochas e os minerais
Aquí déixovos un pequeno texto a completar para poder repasar que son as e os minerais con algúns exemplos.
Os recursos... canta importancia!
A tendencia xeral durante os últimos anos, foi a de infravalorar os recursos naturais, pois non se tivo en conta que o malgaste e sobreexplotación destes recursos está a producir graves consecuencias para o noso Planeta, como son o cambio climático, a perda de bosques, o detrimento da diversidade en fauna e flora, a diminución dos recursos da auga. Mira a seguinte vídeo-presentación para que coñezas algo máis do tema... tamén podes escoitala se prefires!
Descobren un novo mecanismo que utilizan as células para defenderse de virus e bacterias
Investigadores do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer ( Idibaps) de Barcelona, comezaron un estudo sobre un novo mecanismo de defensa inmunológica descoñecido ata o de agora que utilizan as células para defenderse dos virus e as bacterias. Trátase dunha estratexia orquestrada polos corpos lipídicos; orgánulos celulares capaces de atraer e eliminar aos patógenos invasores.
Os corpos lipídicos son os orgánulos onde as nosas células acumulan nutrientes que, en forma de graxa, proporcionan a enerxía necesaria para que poidan desenvolver a súa función. Por exemplo, os corpos lipídicos proporcionan a enerxía para que o corazón poida latexar, que o fígado faga a súa función metabólica, ou que o músculo faga o seu movemento. Cando os virus ou as bacterias infectan a célula hóspede necesitan gran cantidade de nutrientes para multiplicarse e para conseguilos diríxense ao corpo lipídico. No estudo publicado demóstrase que os corpos lipídicos organizan complexos de proteínas antibióticas e antivirais que combaten ao patógeno.
Trátase dun mecanismo que funciona en todas as células do corpo, non só en células profesionais do sistema inmunológico como os macrófagos. Esta estratexia de defensa tamén foi observada en insectos, suxerindo a súa importancia durante a evolución da nosa inmunidade innata.
Os investigadores demostraron que, para protexerse da infección, as células colocan gran cantidade de proteínas antibióticas e antivirais nos corpos lipídicos. En total, comparando a superficie do CL en células normais e en células infectadas, o estudo identificou a función protectora do corpo lipídico fronte ao patógeno.
sábado, 28 de noviembre de 2020
Descubremento de 24 exoplanetas máis habitables ca Terra!
Moi probablemente a primeira pregunta que se nos achega á mente é: que é un exoplaneta?
Un exoplaneta é un planeta fóra do Sistema Solar que orbita arredor dunha estrela distinta ao Sol. O seu descubrimento é moi importante, xa que axuda a ampliar o coñecemento sobre as teorías e modelos de formación de galaxias e estrelas.
Recentemente, o equipo de científicos dirixido polo xeobiólogo alemán Dirk Schulze-Makuch identificou 24 exoplanetas que poderían ser máis favorables para a vida que a propia Terra grazas aos datos da misión Kepler.
Fonte: ESA |
Non obstante, o término habitables pode resultar algo engañoso. Non se trata de que os humanos poidamos chegar a eles e comezar a vivir inmediatamente, senón que o planeta rochoso cumple coas condicións adecuadas para que exista auga líquida na súa superficie: a súa temperatura é moderada e atópase na rexión orbital correcta ao redor da súa estrela.
Estes 24 exoplanetas están situados a máis de 100 anos luz do Sol. O principal problema co que se atopan os científicos é o tempo de vida das estrelas ao redor das cales orbitan os planetas: tan só viven entre oito e dez mil millóns de anos, e precisáronse catro mil millóns para que algo distinto da vida máis simple evolucionara na Terra.
É interesante destacar as declaracións feitas polo principal investigador e coordinador, Schulze-Makuch, onde explica que as condicións da Terra permiten a vida nela pero non son óptimas, senón que serían facilmente mellorables: "Ás veces é difícil transmitir este principio de planetas superhabitables porque cremos que temos o mellor planeta. É bo ter vida adaptable, pero iso non significa que teñamos o mellor de todo"
Se quedaches con ganas de coñecer máis sobre esta interesante noticia, fai click aquí!
Contaminación no Río Eume!
(Fonte da imaxe) |
Emerxencia no río Eume pola contaminación na auga. Augas de Galicia declarou a situación de alerta para analizar o episodio, que levou a prohibir o consumo de auga da traída en Pontedeume. Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, realizou este mércores a declaración de emerxencia por mor do episodio de contaminación que ten lugar desde hai semanas no río Eume, dentro da área do Parque Natural, onde a finais de setembro se detectou un episodio de turbidez que levou a prohibir o consumo de auga da traída no Concello de Pontedeume desde o pasado sábado 10.
+Información que da o Concello De Pontedeume |
A situación, denunciada por entidades como Colectivo Terra e Adega, prodúcese na contorna do encoro da Capela, baixo concesión da empresa Endesa. Estas asociacións ecoloxistas atribúen o episodio á persistencia de lodos procedentes da explotación mineira das Pontes, “resultado das verteduras da mina e dos arrastres e escorrentías arredor do enorme oco mineiro”, que agora pasa augas abaixo do encoro, segundo Adega. O Colectivo Terra, pola súa banda, documentou a situación desde finais de setembro, e ten en marcha análises para indagar a composición dos lodos atopados.
Foi o día 10 cando o concello eumés anunciou a prohibición do consumo da auga potable, despois dunha análise da empresa concesionaria “na que se constata que o nivel de turbidez aumentou dende onte ata superar o máximo establecido” pola lexislación. Posteriormente, acometeuse un tratamento provisional na zona de captación da traída e instaláronse barreiras para reducir a turbidez e permitir a potabilización da auga, aínda que na tarde do mércores, o Concello mantiña vixente a prohibición no consumo.
(Fonte da imaxe) |
Coa declaración da emerxencia, Augas de Galicia prevé adoptar “as medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez” e “permitirá acometer as actuacións de emerxencia necesarias na estación de tratamento de auga potable para conseguir, á maior brevidade posible, que a auga volva ser apta para o seu consumo e se poida restablecer o servizo de abastecemento á poboación”.
Do mesmo xeito, o organismo da Xunta anuncia a creación dunha comisión técnica “na que estarán representados os técnicos de Calidade das Augas da Administración autonómica, a empresa responsable da xestión do encoro, o Concello de Pontedeume e a concesionaria do sistema de abastecemento municipal”. Xa traballaron na zona especialistas en emerxencias ambientais acompañados de técnicos de Calidade das Augas da Xunta co obxectivo de analizar en detalle a situación a valorar as medidas que se poden adoptar para mellorala.
A propia conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, desprazouse o martes a Pontedeume para supervisar os traballos. Explicou que, desde un primeiro momento a Xunta deu instrucións á empresa explotadora para que adoptase as medidas pertinentes para acabar o antes posible coa situación de turbidez xerada e adiantou que a Xunta abriu unha investigación co obxectivo de esclarecer as causas da turbidez do río e adoptar as medidas que correspondan.
(Fonte da imaxe) |
viernes, 27 de noviembre de 2020
Sopa de letras sobre as partes dunha neurona
Marte achégase!
Esta semana Marte atópase no seu punto máis próximo á Terra. Un fenómeno astronómico que non se volverá a repetir ata 2035, xa que o planeta vermello está a uns 62 millóns de quilómetros de nós, unha distancia que, aínda que parece incriblemente grande,coloca ao planeta preto de nós , sen ter que utilizar telescopios ou prismáticos para poder velo.
Se o tempo o permite, Marte é observable no alto do ceo, ao leste. Aparece como unha luz avermellada permanente, que non parpadea.
A NASA escribiu nun comunicado «Outubro é un gran momento para velo, xa que o planeta é visible toda a noite e alcanza o seu punto máis alto ao redor da medianoite».
A explicación deste fenómeno é que Terra e Marte viaxan ao redor do Sol en órbitas elípticas, orbitando na mesma dirección pero a diferentes velocidades e a diferentes distancias. Cada 780 días, ou aproximadamente cada dous anos, Marte e a Terra alíñanse e achéganse, pero non sempre á mesma distancia.
Fonte:ABC
jueves, 26 de noviembre de 2020
"Análisis da eutrofización das masas de augas españolas"
"¿Como analizar a eutrofizacion nas masas de augas españolas"?
O análisis da contaminación orgánica das augas superficiais, tanto en ríos como en lagos ou embalses, basase nun conxunto de indicadores mediante os cales se evalúa o estado tróicoi da masa de auga. Unha das medidas máis habituales é a trasparencia da auga. No caso de lagos e embalses, esta medida realizase mediante o denominado disco de Secchi. É un disco duns 20 cm, dividido en catro cuadrantes de cores contrastados( blanco e negro). A medida de transparencia da auga valorase en metros lineais según a profuhndidade a que se deixa observar o disco. Conforme a profuhndidade rexistrada, distinguese catro grados de eutrofización da auga.
¿Como medir co disco de Secchi?
Sumersexe lentamente na auga, unido a unha corda, hasta que apenas sexa visible desde arriba. Anotase esa profundidade e se sumerxe algo máis antes de facelo ascender lentamente hacia a superficie. Cando se volve a observar o disco, anotase esa profundidade. Se a diferencia entre as dúas profundidades medidas é inferior a 10 cm, considerase unaha medida correcta. Se polo contrario a diferencia eé superior debe repetirse.
Opinión: Sorprendeume que iste aparato tan curioso fose capaz de facer estas cousas.
Recursos e residuos.
Con esta actividade interactiva poderás repasar os contidos sobre os recursos que temos os seres humanos e os residuos que producimos.
Estudemos as proteínas xogando!
Ola a todos! Hoxe imos repasar as proteínas mentres xogamos!
En segundo de bachiller estivemos estudando as proteínas e, ademáis de ser un tema moi entretido, pode ser un poico complicado, por iso mesmo, fixen esta actividade.
Debido a que estudar as proteínas pode ser complicado e un pouco confuso, fixen esta sinxela actividade aprenderalos e case nin te darás conta!
A pesar de levar anos facendo educaplays, pode ser que aínda haxa algo que mellorar. Se atopades algunha cousa que poda mellorar, estaría moi agradecida se o comentásedes para poder facer mellores e máis divertidos educaplays!
A UE loita contra o cambio climático!
O Cambio Climático é un dos problemas ambientais máis graves ou, quizá o máis grave, ao que nos enfrontamos na actualidade... Os dirixentes da UE son conscientes disto, motivo polo cal están decididos a encabezar a loita mundial contra o cambio climático!
Para logralo, tomaron e seguirán tomando una serie de medidas que podedes ver a continuación nunha infografía con elementos interactivos, non deixes de vela e comentar a túa opinión sobre as medidas tomadas.
miércoles, 25 de noviembre de 2020
Os lípidos e as súas funcións!
martes, 24 de noviembre de 2020
A alimentación e a diabetes nun divertido mural interactivo!
" Os fluxos de enerxía e ciclos de materia que determinan a estructura dos ecosistemas"
Todos os sistemas biolóxicos son sistemas abertos que reciben do seu entorno un aporte constante de materia e enerxía. Esta enerxía e principalmente luminosa, pero tamén química, e flúe a través da biosfera en forma de enerxía endosomática en en menor medida exosomática. Iste fluxo posibilita o ciclo da materia e producese mediante o proceso da nutrición, pasando duns niveis tróficos a outros.
Na estructura trófica dun ecosistema soese diferenciar tres niveis tróficos: productores, consumidores e descompoñedes.
Opinión: neste post contovos como os fluxos de enerxía e os ciclos da materia determinan a estructura dos ecosistemas.
lunes, 23 de noviembre de 2020
"Como interpretar un hidrograma"
Os hidrogramas son gráficas nas que se representa o caudal dun río ou un arroyo o longo do tempo. No eixe de ordenadas situase o caudal e no de abcisas o tempo.
Distinguense entre hidrogramas anuais e hidrogramas de tormenta.
HISTROGRAMA ANUAL
Istes hidrogramas mostran a evolución do caudal dun río o longo do ano. Grazas os hidrogramas anuis e posible observar a variación estacional de dito caudal.
HISTOGRAMA DE TORMENTA
Istes hidrogramas representan a resposta do caudal dun arroyo ante un aguacero. Mostran o tempo de resposta, e decir, o intervalo do tempo desde o momento no que as precipitacións son a mitade do total (representado cun punto nas gráficas) hasta que se alcanza o caudal punta. Canto máis corto sexa o tempo de resposta, máis probable e que se produza unha inundación catastrófia.
As obras de laminación, como a construcción de diques ou os aterrazamentos, tratan de aumentar o tempo de resposta e de disminuir o caudal punta dun arroyo ou un curso fluvial.
Histograma de Tormenta
OPINIÓN: mirade istes gráficos e sorprendedevos o que se pode aprender con eles.
REPASA A TEORÍA DO H2O!!
A continuación, déixovos unha infografía sobre a teoría do H2O e as consecuencias do seu carácter dipolar, para que vos sexa máis ameno a hora de estudala.
Repásaa de maneira fácil e entretida!
Despiste universal!
Fonte:La Vanguardia |
domingo, 22 de noviembre de 2020
Respasa os ecosistemas xogando !!
Hoxe tráiovos un educaplay para que podais repasar os ecosistemas. Moita sorte.
Repasa os azucares diferenciando disacáridos de polisacáridos!!
Na clase de segundo de bachillerato estamos a estudar diferentes tipos de azúcares. Sabrías diferenciar disacáridos de polisacáridos? Lembroche rápidamente que a principal diferencia é que os disacáridos están compostos por dous monosacáridos e os polisacáridos por máis de dous.
Como esta actividade sería moi sinxela se só tivesemos que diferenciar disacárido de polisacáridos, decidín complicalo un pouquiño máis. Así que dentro dos polisacáridos deberás diferenciar cales son estructurais ou de reserva. Segue sendo sinxelo, animaste a intentalo? Comentame que tal che saliu e se che foi moi sinxelo ou pola contra moi complicado.
Espero vosos comentarios e que a todos vos salga moi ben! Eu tamén o fixen e saiume bastante ben, pois como estamos dando esto en clase foi tan fácil como facer un esforzo por recordalo.
Novo avance coa artrose en Galicia!
Científicos galegos deseñan un kit para o diagnóstico precoz da artrose de xeonllo, a fiabilidade lograda é a máis alta a nivel mundial. O reumatólogo ceense Francisco Blanco está á fronte.
Francisco Blanco «La artrosis ya no es una enfermedad de ancianos, es un problema de jóvenes»
Francisco Blanco, reumatólogo na Cee. (fonte) |
O Grupo de Investigación de reumatoloxía (GIR) do Inibic da Coruña, que dirixe o reumatólogo ceense Francisco Blanco, desenvolveu un kit que serve para facer un diagnóstico temperán da artrose de xeonllo sen necesidade de realizar radiografías. En concreto, tómase unha mostra de sangue na que se determinan unha serie de proteínas (algo similar á detección de glicosa, o colesterol, ou o antígeno prostático específico nos homes).Esta proba, que é o resultado duns 20 anos de desenvolvemento, nesta liña e noutras, está plenamente definida, pero aínda non implementado en todos os niveis asistenciais. Aos poucos. Co tempo, a idea é que se poida comercializar en toda a atención primaria, estando xa accesible a nivel especialista. E a súa utilidade é crucial, porque, por exemplo, #predicir o risco de que un paciente necesite prótese. Non é só o diagnóstico da artrose, senón predicir o risco de tela nos próximos anos, e cunha altísima fiabilidade, en torno ao 80 %. Por suposto, non é o único grupo de investigación que traballa neste tema no mundo, pero si o que maior precisión logrou, xa que outros investigadores, con outros métodos, están en torno ao 60 ou o 70 % como moito.
Así o explica Francisco Blanco, que entre o venres e onte coordinou as xornadas da liga Reumatolóxica Galega que se celebraron en Corcubión, con relatorios dirixidos tanto aos médicos de atención primaria como aos pacientes. E, nunha das intervencións, aproveitou para presentar este avance que, por certo, denomínase DITObA, que vén ser un acrónimo de diagnóstico temperán da OA, dúas letras que son o termo científico da artrose. Nada casual, xa que así consegue unha referencia directa a Toba, unha das parroquias do municipio de Cee, a pouca distancia da casa natal de Blanco.
Non só iso: o grupo de Blanco tamén desenvolveu outro kit denominado RES-Toba, que serve para predicir que pacientes responden a un tratamento determinado para a artrose.O xogo de letras é similar ao caso anterior: resposta terapéutica na OA, na artrose. E tamén vai ter un efecto crucial en moitos pacientes, xa que axuda a predicir que tipo de fármaco váiselle a administrar aos pacientes para, por exemplo, evitar a dor.
Máis info. da entrevista a Francisco Blanco.
Unha marea vermella tingue a ría de Vigo!
Provocada pola concentración de Noctiluca scintillans, tamén é responsable dos fenómenos de mar de ardora rexistrados nos últimos días.
Fonte |
En datas recentes observáronse mareas vermellas non tóxicas nas Rías de Vigo e Pontevedra cun ton alaranxado intenso, que resulta moi espectacular cando se acumulan na beira das praias. O organismo responsable destas mareas é un dinoflaxelado heterótrofo inocuo, Noctiluca scintillans, que posúe unha limitada capacidade de movemento e desenvolve proliferacións de forma habitual durante o verán nas rías galegas, especialmente entre xullo e setembro.
Fonte |
Estes organismos dispérsanse coas correntes superficiais e durante esta época as condicións ambientais (estabilidade e maior temperatura) e a abundancia de alimento (plancto) producen que as súas poboacións medren ata o punto de tinguir a auga de mar.
O seu tamaño adoita roldar entre 0,5-1 mm e poden verse a primeira ollada como bolitas diminutas que flotan na auga. Posúen un único flaxelo de gran tamaño e no interior aprécianse a miúdo os restos de presas das que se alimenta: toda clase de microorganismos planctónicos, incluíndo fitoplancto (diatomeas, outros dinoflaxelados, etc) e microzooplancton. Non é tóxica nin realiza fotosíntese, pero si contén compostos alaranxados (carotenoides) que dan cor ás súas proliferacións.
Noctiluca scintillans é unha especie cosmopolita en latitudes baixas e medias. Noutras rexións do mundo as proliferacións de Noctiluca poden ter cores rosáceas e mesmo verdes, debidas estas últimas a microalgas verdes que viven no seu interior.
“Noctiluca non expón ningún risco para a saúde pública”, sinala Francisco Rodríguez, investigador do Departamento de Fitoplancto Tóxico e Mareas Vermellas do Centro Oceanográfico de Vigo, “aínda que nalgún caso describiuse sensación de proído leve na pel asociado á liberación de amonio na auga durante as súas proliferacións”.
Pulsa no peixe para máis info. 🐟
E ti, canto sabes das CCMA?
Aquí tedes un Educaplay sobre as ciencias da Terra e do Medioambiente, xa podedes xogar e aprender ao mesmo tempo!
Moita sorte, a ver cantas consigues acertar!!! Esperamos que vos guste!!
sábado, 21 de noviembre de 2020
viernes, 20 de noviembre de 2020
Á caza do covid-19 polo aire!!
Un equipo científico italiano quixo poñer a proba unha idea: que o coronavirus viaxa polo aire en aerosois, en partículas microscópicas, e que por tanto poderíanse achar trazas en filtros colocados pola cidade. Quixérono comprobar no epicentro da epidemia italiana, na localidade de Bérgamo, na rexión de Lombardía, onde o coronavirus levouse máis de 30.000 vidas por diante. Nas súas análises, os investigadores atoparon trazas xenéticas do novo coronavirus en 20 das 34 mostras que recolleron pola cidade. O virus voaba nestas pequenas partículas do territorio máis industrializado de Italia, o que fixo sospeitar a algúns científicos sobre a posibilidade de que a incidencia covid estivese relacionada coa contaminación.
Pero a Juana María Delgado Saborit ( Burriana, 1977), investigadora da Universitat Jaume I, este achado suxeriulle unha idea que pode ser de gran utilidade nunha pandemia que non nos abandona. “Se eses investigadores do norte de Italia viron que había carga xenética do virus nos filtros, pensamos que igual tamén aquí en España poderiamos detectalo e axudarnos a crear un sistema de alarma”, explica Delgado, que vai poñer en marcha esta idea grazas ás axudas a equipos de investigación científica sobre covid-19 concedidas pola Fundación BBVA.Do mesmo xeito que o Goberno español estableceu un sistema de rastrexo das augas residuais para detectar restos do coronavirus, e así alertar do crecemento da súa presenza nun punto, o plan de Delgado podería proporcionar outro sistema para avisar da súa presenza antes de que estalen os brotes. Ata que aparecen os síntomas nun contaxiado, existe un período no que pode ser altamente infeccioso, expirando partículas virales que poden ser detectables nos filtros de aire.
“Se se detecta ben a carga xenética do coronavirus, poderíase establecer un semáforo de aviso”, asegura. Agora teñen que probar en mostras reais a sensibilidade deste futurible sistema de detección, porque as posibilidades serían moi distintas. “Podería ser tan só un aviso cualitativo, que nos dixese se hai ou non hai virus no ambiente. Ou un aviso cuantitativo, se é capaz de rexistrar que soben as cantidades, alertando de que se pode dar un brote”, explica a investigadora, ligada tamén ao King’ s College de Londres, a Universidade de Birminghan e o Instituto de Saúde Global de Barcelona.
“Ata que teñamos vacúas, ata que teñamos curas, ata que todo iso cúmprase, non sabemos como de longo é o camiño que temos ata a meta. Mentres tanto, con isto, tentamos facilitar que a sociedade salga adiante, que a educación funcione, que a sanidade funcione o mellor posible”, explica Delgado, especializada no estudo dos factores ambientais que afectan o desenvolvemento e comportamento dos nenos.
jueves, 19 de noviembre de 2020
As algas marinas poden ter antivirais contra a Covid-19
Como podemos ler nun artigo do xornal O mundo, unha investigación levada a cabo pola Universidade de Puerto Rico e o Instituto Wistar de Filadelfia, as algas do mesmo xeito que contribuíron á solución contra o cancro e outras enfermidades tamén podria contribuír á procura de solucións para o Covid-19
Aquí en España tamén se levaron a cabo investigacións a preto desta posible solución para este novo virus. En concreto, existe unha colaboración entre Algas Atlánticas Algamar e Conservas do Mar de Ardora e a Universidade de Vigo onde están a buscar posibles formulacións para poder aproveitar o alga e o seu potencial para producir nutracéuticos altamente funcionais. Por exemplo as algas azuis-verdes que producen unhas substancias naturais capaces de inhibir enfermidades infecciosas e por tanto poderían axudar á procura dun tratamento para a Covid-19 .
miércoles, 11 de noviembre de 2020
Premio Nobel de Física 2020: Os buratos negros.
Esta semana foron galardoados tres científicos, Roger Penrose,Reinhard Genzel e Andrea Ghez co Premio Nobel de Física polo seu estudo sobre os buratos negros.
O concepto de burato negro aparece con Isaac Newton cando formulou as leis da gravedade pero non se conocía moito a cerca deles. A súa existencia deducírase pero nunca fora comprobada empíricamente.
Non foi ata o ano pasado que se conseguiu a primeira imaxe dun burato negro, imaxe coa que quedou comprobado que os buratos negros existen. Ademais, comprobouse a existencia dun burato negro supermasivo, Sagitario A, no centro da Vía Lactea ao redor do cal orbita unha estrela. Estes dous descubrimentos levaron a estes tres científicos a ser galardoados co Premio Nóbel.
lunes, 9 de noviembre de 2020
PRESENZA DE AUGA NA LÚA!
A NASA confirma una vez máis a presenza de agua na Lúa.
Novas observacións realizadas a través dun telescopio subido a un Boeing detectan a lonxitude de onda específica da H2O.
Situación do cráter Clavius na Lúa, onde se atopou a auga. Fonte: NASA.Test sobre impactos, recursos e residuos
Test relaciona sobre os glícidos, xoga e aprende!
Relacciona monosacáridos !
Aprende a F.Fisher ou a Proyeccioón de Haworth dos monosacáridos con iste educaplay tan sinxelo.
Estuda a vez que xogas!
Repaso de contidos de Ciencias Medioambientales!
domingo, 8 de noviembre de 2020
Interacciones do ser humano co medio ambiente
Niveis de organización e anatomía.
Educaplay sobre os glícidos!
Ola a todos! Hoxe tráiovos un novo educaplay sobre os glícidos!
Imos a estudar de novo xogando! Xa sabedes que é a mellor forma de estudar!
En segundo de bacharelato estamos estudando od glícidos e parecéume interesante e decidín facer un educaplay para axudárvos a estudalo de unha forma divertida, por si estar sentados diante dun libro os parece aburrido, así podedes estudar xogando! Sen excusas!!
Deixádeme decirvos, ademáis, unhas curiosidades dos glícidos. Os glícidos tamén se chaman hidratos de carbono. Si, os tan temidos hidratos de carbono. Pero en verdade non son a estes aos que lle hai que temer, pois só aportan 4 calorías por gramo que ademáis se queiman moi facilmente polo corpo. As que lle hai que temer son as das graxas! E outra máis: os carbohidratos producen sensación de benestar e elevan os niveles de serotonina!
Con estas pequenas curiosidades que encontrei o outro día por internet, pasamos á actividade, espero que vos divirtades moito e, coma sempre, se hai algo no que poda mellorar, non dubidedes en deixarmo nos comentarios!