sábado, 28 de noviembre de 2020

Descubremento de 24 exoplanetas máis habitables ca Terra!

Moi probablemente a primeira pregunta que se nos achega á mente é: que é un exoplaneta?

Un exoplaneta é un planeta fóra do Sistema Solar que orbita arredor dunha estrela distinta ao Sol. O seu descubrimento é moi importante, xa que axuda a ampliar o coñecemento sobre as teorías e modelos de formación de galaxias e estrelas.

Recentemente, o equipo de científicos dirixido polo xeobiólogo alemán Dirk Schulze-Makuch identificou 24 exoplanetas que poderían ser máis favorables para a vida que a propia Terra grazas aos datos da misión Kepler.


Fonte: ESA

Non obstante, o término habitables pode resultar algo engañoso. Non se trata de que os humanos poidamos chegar a eles e comezar a vivir inmediatamente, senón que o planeta rochoso cumple coas condicións adecuadas para que exista auga líquida na súa superficie: a súa temperatura é moderada e atópase na rexión orbital correcta ao redor da súa estrela.  

Estes 24 exoplanetas están situados a máis de 100 anos luz do Sol. O principal problema co que se atopan os científicos é o tempo de vida das estrelas ao redor das cales orbitan os planetas: tan só viven entre oito e dez mil millóns de anos, e precisáronse catro mil millóns para que algo distinto da vida máis simple evolucionara na Terra. 

É interesante destacar as declaracións feitas polo principal investigador e coordinador, Schulze-Makuch, onde explica que as condicións da Terra permiten a vida nela pero non son óptimas, senón que serían facilmente mellorables: "Ás veces é difícil transmitir este principio de planetas superhabitables porque cremos que temos o mellor planeta. É bo ter vida adaptable, pero iso non significa que teñamos o mellor de todo" 




Se quedaches con ganas de coñecer máis sobre esta interesante noticia, fai click aquí!

No hay comentarios:

Publicar un comentario