lunes, 9 de noviembre de 2020

PRESENZA DE AUGA NA LÚA!

A NASA confirma una vez máis a presenza de agua na Lúa.

Novas observacións realizadas a través dun telescopio subido a un Boeing detectan a lonxitude de onda específica da H2O.

Situación do cráter Clavius na Lúa, onde se atopou a auga. Fonte: NASA.

Situación do cráter Clavius na Lúa, onde se atopou a auga. Fonte: NASA. 

A NASA, a través do seu Observatorio Estratosférico de Astronomía Infravermella (SOFIA) confirma de novo a presenza de auga na superficie da Lúa. Nesta ocasión, atopouse no cráter Clavius, un dos máis grandes visibles desde a Terra, situado na parte do satélite iluminada polo Sol. Este achado indica que a auga pode estar distribuída pola superficie lunar e que non se limita a lugares máis fríos e sombreados, como se constatara ata o momento.

 A revista Nature Astronomy publica este luns os resultados das medicións realizadas a bordo dun avión Boeing 747 SP, modificado cun telescopio de 2,7 metros de diámetro, que no verán de 2018 subiu ata 13,7 quilómetros de altitude. Deste xeito evitouse a distorsión causada polo vapor de auga e as partículas en suspensión presentes na atmosfera, o que permitiu obter unha maior nitidez do espectro infravermello e observar o satélite con moita máis claridade. Grazas a isto, o instrumento FORCAST do observatorio SOFIA puido captar a lonxitude de onda específica única das moléculas de auga, a 6,1 micróns, e descubriu unha concentración destas moléculas relativamente sorprendente no asollado cráter Clavius. 

Aínda que xa se apuntaba con moita probabilidade á presenza de auga, as observacións detectaran algunha forma de hidróxeno, pero non puideron distinguir entre a auga e o seu parente químico próximo, o grupo hidroxilo (OH). Porén, nesta ocasión as medidas realizadas revelan a existencia de auga en concentracións de 100 a 412 partes por millón, aproximadamente equivalente a unha botella de auga de 0,35 litros atrapada nun metro cúbico de solo esparexida pola superficie lunar.

A presenza de auga supón un recurso de gran valor no espazo profundo e un ingrediente crave da vida tal e como se coñece na Terra. Queda por determinar, se a auga atopada sería facilmente accesible para o seu uso como recurso. Baixo o programa Artemisa da NASA, co que se prevé a chegada dunha muller por primeira vez ao satélite para 2024, ademais de establecer unha presenza humana sostible para finais da década, a existencia de H2O é un punto clave.

A continuación adxúntovos un vídeo de iste acontecemento:



No hay comentarios:

Publicar un comentario