Esta semana Marte atópase no seu punto máis próximo á Terra. Un fenómeno astronómico que non se volverá a repetir ata 2035, xa que o planeta vermello está a uns 62 millóns de quilómetros de nós, unha distancia que, aínda que parece incriblemente grande,coloca ao planeta preto de nós , sen ter que utilizar telescopios ou prismáticos para poder velo.
Se o tempo o permite, Marte é observable no alto do ceo, ao leste. Aparece como unha luz avermellada permanente, que non parpadea.
A NASA escribiu nun comunicado «Outubro é un gran momento para velo, xa que o planeta é visible toda a noite e alcanza o seu punto máis alto ao redor da medianoite».
A explicación deste fenómeno é que Terra e Marte viaxan ao redor do Sol en órbitas elípticas, orbitando na mesma dirección pero a diferentes velocidades e a diferentes distancias. Cada 780 días, ou aproximadamente cada dous anos, Marte e a Terra alíñanse e achéganse, pero non sempre á mesma distancia.
Fonte:ABC
No hay comentarios:
Publicar un comentario