Investigadores do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer ( Idibaps) de Barcelona, comezaron un estudo sobre un novo mecanismo de defensa inmunológica descoñecido ata o de agora que utilizan as células para defenderse dos virus e as bacterias. Trátase dunha estratexia orquestrada polos corpos lipídicos; orgánulos celulares capaces de atraer e eliminar aos patógenos invasores.
Os corpos lipídicos son os orgánulos onde as nosas células acumulan nutrientes que, en forma de graxa, proporcionan a enerxía necesaria para que poidan desenvolver a súa función. Por exemplo, os corpos lipídicos proporcionan a enerxía para que o corazón poida latexar, que o fígado faga a súa función metabólica, ou que o músculo faga o seu movemento. Cando os virus ou as bacterias infectan a célula hóspede necesitan gran cantidade de nutrientes para multiplicarse e para conseguilos diríxense ao corpo lipídico. No estudo publicado demóstrase que os corpos lipídicos organizan complexos de proteínas antibióticas e antivirais que combaten ao patógeno.
Trátase dun mecanismo que funciona en todas as células do corpo, non só en células profesionais do sistema inmunológico como os macrófagos. Esta estratexia de defensa tamén foi observada en insectos, suxerindo a súa importancia durante a evolución da nosa inmunidade innata.
Os investigadores demostraron que, para protexerse da infección, as células colocan gran cantidade de proteínas antibióticas e antivirais nos corpos lipídicos. En total, comparando a superficie do CL en células normais e en células infectadas, o estudo identificou a función protectora do corpo lipídico fronte ao patógeno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario