Os estudantes de Ciencia Activa de 2º Bac desexámosvos unhas Felices Festas e un próspero Aninovo. Continuaremos co blog a partir do 8 de xaneiro de 2020. Vémonos!!
viernes, 20 de diciembre de 2019
jueves, 12 de diciembre de 2019
Encontran outras 19 galaxias sen materia escura
A principios de xuño de leste mesmo ano, a comunidade internacional de astrónomos víase sacudida por unha noticia inesperada: a detección dunha galaxia, a primeira, sen materia escura. O seu nome é DF2 e atópase a 65 millóns de anos luz da Terra.
E agora volveu a suceder. Un equipo de astrónomos da Academia de Ciencias de Pequín, en efecto, acaba de anunciar en Nature Astronomy o achado doutras 19 galaxias que conteñen moi pouca, ou ningunha, materia escura. DF2, por tanto, non é un caso illado e o novo achado, un auténtico bofetón na cara dos científicos, dinos ás claras que algo moi importante débesenos estar a escapar.
Déixovos un vídeo onde se explica máis detallado:
E agora volveu a suceder. Un equipo de astrónomos da Academia de Ciencias de Pequín, en efecto, acaba de anunciar en Nature Astronomy o achado doutras 19 galaxias que conteñen moi pouca, ou ningunha, materia escura. DF2, por tanto, non é un caso illado e o novo achado, un auténtico bofetón na cara dos científicos, dinos ás claras que algo moi importante débesenos estar a escapar.
Déixovos un vídeo onde se explica máis detallado:
martes, 10 de diciembre de 2019
Aparece escuma tóxica na India
Actualmente na India existe unha situación de alarma pola aparición dunha densa escuma branca na praia Marina Beach, en Chennai. Segundo os expertos do Centro Nacional de Investigación Costeira de Chennai, a causa deste fenómeno serían as choivas torrenciais dos últimos días, que precipitarían residuos sen tratar e fosfatos sobre o mar.
Gran parte da escuma procede de residuos de deterxentes mesturados con outros refugallos. Só un 40% das augas residuais de Chennai e de outras cidades no país se tratan adecuadamente. O resto flúe directamente cara o mar, ocasionando problemas como este.
Ante as imaxes de xente bañándose nas praias, a comunidade médica da India advertiu que esta escuma podía provocar problemas na pel. A pesar das advertencias, as centos de familias que viven amontoadas nas inmediacións desta praia ven a escuma tóxica como unha diversión e permiten aos seus fillos bañarse en Marina Beach, co gran perigo que iso supón.
Non obstante, a aprición desta escuma non é un caso illado. Fórmase na época dos monzóns, pero este ano é particularmente grande, densa e tamén prexudicial para a saúde. As autoridades do país temen que se produza unha catástrofe similar á de 2017, onde milleiros de animais mariños morreron a causa da contaminación das augas nestas mesmas datas. Ademais, en ambas ocasións os ingresos dos pescadores víronse afectados, xa que os clientes desconfían da contaminación entre o peixe capturado.
Neste vídeo podes facerte unha mellor idea da cantidade de escuma presente nas praias e do perigo que supón para as persoas, en especial para os nenos e nenas:
Se queres coñecer un pouco máis sobre esta noticia ambiental de actualidade, fai click aquí.
Etiquetas:
1°BAC,
ACTUALIDADE,
CONTAMINACIÓN,
INDIA,
MAR,
MEDIO AMBIENTE,
NOTICIAS
Ubicación:
India
lunes, 9 de diciembre de 2019
Aprende máis sobre a agua xogando!!
Hoxe imos estudar e aprender máis sobre a auga con este Educaplay, é moi sinxelo e divertido! Calquera dúbida ou proposta podédela deixar nos comentarios, sempre son benvidas para mellorar!
Sen máis discursos aburridos... A xogar!!
jueves, 5 de diciembre de 2019
Crucigrama sobre as funcións vitais dos seres vivos
A continuación deíxovos un crucigrama sobre os conceptos máis básaicos das funcións vitais dos seres vivos: nutrición, relación e reprodución.
martes, 3 de diciembre de 2019
Test sobre o medio ambiente
Se queredes aprender un pouco máis sobre os recursos, impactos e riscos do medio ambiente, non vos perdades a miña actividade. Xogando é como mellor se aprende!
domingo, 1 de diciembre de 2019
A única vacina que nos protexe da sida é a prevención!
Coma xa sabedes, hoxe 1 de decembro de 2019 celébrase o DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA, e por iso déixovos aquí un pequena vídeo-presentación explicando que é o virus do VIH e medidas para previlo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)