Gran parte da escuma procede de residuos de deterxentes mesturados con outros refugallos. Só un 40% das augas residuais de Chennai e de outras cidades no país se tratan adecuadamente. O resto flúe directamente cara o mar, ocasionando problemas como este.
Ante as imaxes de xente bañándose nas praias, a comunidade médica da India advertiu que esta escuma podía provocar problemas na pel. A pesar das advertencias, as centos de familias que viven amontoadas nas inmediacións desta praia ven a escuma tóxica como unha diversión e permiten aos seus fillos bañarse en Marina Beach, co gran perigo que iso supón.
Non obstante, a aprición desta escuma non é un caso illado. Fórmase na época dos monzóns, pero este ano é particularmente grande, densa e tamén prexudicial para a saúde. As autoridades do país temen que se produza unha catástrofe similar á de 2017, onde milleiros de animais mariños morreron a causa da contaminación das augas nestas mesmas datas. Ademais, en ambas ocasións os ingresos dos pescadores víronse afectados, xa que os clientes desconfían da contaminación entre o peixe capturado.
Neste vídeo podes facerte unha mellor idea da cantidade de escuma presente nas praias e do perigo que supón para as persoas, en especial para os nenos e nenas:
Se queres coñecer un pouco máis sobre esta noticia ambiental de actualidade, fai click aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario