Mostrando entradas con la etiqueta DESCUBRIMENTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DESCUBRIMENTO. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de marzo de 2021

Descubrimentos biolóxicos que quizais che interesen!

Ás veces, obviamos cousas que fai anos quizais non estaban tan claras. Damos cousas por sentado debido a que foron descubertas fai centos de anos e xa nos resultan obvias. Como para todo sempre hai unha primeira vez, nesta infografía mostroche algúns dos descubrimentos máis importantes do mundo da bioloxía. Espero que che gusten!



sábado, 28 de noviembre de 2020

Descubremento de 24 exoplanetas máis habitables ca Terra!

Moi probablemente a primeira pregunta que se nos achega á mente é: que é un exoplaneta?

Un exoplaneta é un planeta fóra do Sistema Solar que orbita arredor dunha estrela distinta ao Sol. O seu descubrimento é moi importante, xa que axuda a ampliar o coñecemento sobre as teorías e modelos de formación de galaxias e estrelas.

Recentemente, o equipo de científicos dirixido polo xeobiólogo alemán Dirk Schulze-Makuch identificou 24 exoplanetas que poderían ser máis favorables para a vida que a propia Terra grazas aos datos da misión Kepler.


Fonte: ESA

Non obstante, o término habitables pode resultar algo engañoso. Non se trata de que os humanos poidamos chegar a eles e comezar a vivir inmediatamente, senón que o planeta rochoso cumple coas condicións adecuadas para que exista auga líquida na súa superficie: a súa temperatura é moderada e atópase na rexión orbital correcta ao redor da súa estrela.  

Estes 24 exoplanetas están situados a máis de 100 anos luz do Sol. O principal problema co que se atopan os científicos é o tempo de vida das estrelas ao redor das cales orbitan os planetas: tan só viven entre oito e dez mil millóns de anos, e precisáronse catro mil millóns para que algo distinto da vida máis simple evolucionara na Terra. 

É interesante destacar as declaracións feitas polo principal investigador e coordinador, Schulze-Makuch, onde explica que as condicións da Terra permiten a vida nela pero non son óptimas, senón que serían facilmente mellorables: "Ás veces é difícil transmitir este principio de planetas superhabitables porque cremos que temos o mellor planeta. É bo ter vida adaptable, pero iso non significa que teñamos o mellor de todo" 




Se quedaches con ganas de coñecer máis sobre esta interesante noticia, fai click aquí!