miércoles, 5 de junio de 2019

5 de xuño, Día do Medio Ambiente

Hoxe é o dia do medio ambiente este ano está adicado a contaminación do aire e a concienciación de todo o planeta na importancia de mellorar a calidade do aire.
Cada ano, este día centrase nun tema co que concienciar ao público; este ano, xira en torno á "Contaminación do aire", unha chamada á acción ca que axudar a combatir un grave problema que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.
Este problema está provocado polos usos domésticos,  a industria, o transporte, a agricultura, os desperdicios...
Sen dúbida, temos que paralo xa!



Este día, foi establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) o 15 de decembro de 1972; celébrase o 5 de xuño de cada ano dende 1974, e leva esta data porque é na que se deu inicio á Conferencia de Estocolmo no ano 1972.
Este día, é un vínculo por medio do cal a Organización das Nacións Unidas sensibiliza á poboación mundial en relación a temas ambientais, intensificando deste xeito a atención e a acción política.







domingo, 2 de junio de 2019

Primeira muller en gañar o Novel de matemáticas

A Academia Norueguesa de Ciencias e Letras outorgou o premio Abel 2019, considerado o ‘Nobel’ das matemáticas, á estadounidense Karen Keskulla Uhlenbeck “polo impacto do seu traballo en análise, xeometría e física matemática”. Esta profesora da Universidade de Texas tamén é unha firme defensora da igualdade de xénero na ciencia.

 Karen Keskulla Uhlenbeck (Cleveland-Ohio, 1942) é o nome que anunciou hoxe a Academia Norueguesa de Ciencias e Letras, quen recoñece “os seus logros pioneiros en ecuacións diferenciais parciais xeométricas, teoría de gauge e sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo na análise, a xeometría e a física matemática”. Os seus estudos sentaron as bases para modelos xeométricos contemporáneos en matemáticas e física.


 Ademais de investigadora, Uhlenbeck é unha firme defensora da igualdade de xénero en matemáticas e na ciencia en xeral. Cando era nena, encantáballe ler e soñaba con ser científica. Actualmente é visitante senior na Universidade de Princeton e no Instituto de Estudos Avanzados ( IAS). Dentro deste é unha das fundadoras do Instituto de Matemáticas de Park City ( PCMI), cuxo obxectivo é capacitar a mozos investigadores e promover o intercambio de coñecemento fronte aos desafíos das matemáticas.

“O recoñecemento dos logros de Uhlenbeck debería ser moito maior, xa que o seu traballo levou a algúns dos avances máis importantes en matemáticas nos últimos 40 anos”, sentenza Jim Al-Khalili, membro da Royal Society. O rei Harald V de Noruega entregará o premio Abel á laureada deste ano durante unha cerimonia que se celebrará o próximo 21 de maio en Oslo.