lunes, 19 de noviembre de 2018

Atopan novos buracos negros masivos!

Descobren buracos negros masivos no espazo a punto de chocar no centro de decenas de galaxias.
Fontes confirman que cada segundo que pasa, a galaxia Andrómeda aproxímase cara a nós uns 110 quilómetros. A ese ritmo, prevese que en 4.000 millóns de anos Andrómeda comezará a fusionarse coa Vía Láctea, xerando unha galaxia xigantesca. Non é a primeira vez que pasa e de feito sábese que a nosa galaxia provén de fusións anteriores.

Etapas finales de la fusión de la galaxia NGC 6240. A la derecha se observan los núcleos, en cuyo centro existen sendos agujeros negros supermasivos
ABC.es
Crese que no futuro, Andrómeda e a Vía Láctea sumarán as súas estrelas e os seus núcleos, ocupados por senllos buracos negros supermasivos, fundiranse nun só, liberando unha cantidade de enerxía comparable á de millóns de supernovas e rasgando o espazo-tempo. Hai unha certa probabilidade de que, durante a fusión, o Sistema Solar acabe desprazado da súa posición actual, en principio sen sufrir ningún cambio.
Agora, un grupo de astrónomos publicou un estudo na revista Nature onde, por primeira vez, puideron observar varios procesos de fusión de galaxias en etapas moi avanzadas, e ademais en lugares «próximos». En todos eles, viron como parellas de buracos negros supermasivos, situados nos núcleos galácticos, están a punto de fusionarse nun obxecto aínda maior: un buraco negro ultramasivo

Ata agora, púidose detectar os procesos de fusión de buracos negros supermasivos dez veces máis afastados, que existiron cando o Universo era máis novo que o actual. Nestes casos, sempre existiu o problema de que cando os núcleos galácticos están a fundirse, as alteracións que provocan na gravidade xeran densas nubes de gas e po ao seu ao redor que dificulta poder velos. Estas mesma nubes, por certo, comezan a alimentar a estes colosos. Estes empezan a crecer e a emitir inxentes cantidades de radiación moi enerxética e poden converterse en cuásares.
Na miña opinión penso que pode perxudicar un pouco o contido de espazo pero toda a vida levanse descobrindo fenómenos no espazo e non creo que perxudique a ningún planeta das respectivas galaxias.

1 comentario: