lunes, 19 de noviembre de 2018

O segundo exoplaneta máis perto da Terra!

Descobren o segundo planeta máis próximo á Terra, o chamado Barnard B está en órbita ao redor dunha das estrelas máis próximas ao Sol: a estrela de Barnard B.
A aproximadamente 6 anos luz de distancia, é o segundo sistema estelar máis próximo a nós (o primeiro é  Alfa  Centauri). É un tipo de estrela débil e de 
muy interesante-Ciencia
pouca masa.
Considérase un dos mellores lugares para buscar candidatos a exoplanetas, a pesar de que o noso Sol é unha estrela de tamaño mediano. Por tanto,  Barnard B é o segundo  exoplaneta coñecido máis próximo ao noso Sol.
Trátase dun planeta potencialmente rochoso. É dicir, aínda non se probou  cúal é a súa composición exacta, pero o máis probable é que se trate dunha  súper-Terra, cunha masa polo menos 3,2 veces superior  a da Terra.

O ano nesta roca dura 233 días, ou, dito doutra maneira, ese é o tempo que tarda en orbitar á súa estrela.


 Ademais, o clima deste planeta tampouco axuda a convertelo nun fogar potencial. Estímase que a súa superficie ten unha temperatura duns -170 º C, o que indica que se trata máis dun mundo conxelado que dun planeta parecido á actual Terra. Con todo, convén lembrar que a Terra pasou por un período denominado Terra bóla de neve, fai uns 650 millóns de anos, unha idade de xeo 75 veces máis longa que toda a historia da humanidade. 
 Por tanto, isto non quere dicir que  Barnard  b sexa completamente  inhóspito, polo menos, non ao longo de toda a súa historia.
Aqui tedes un video para saber mais sobre Barnard B.
Na miña opinión creo que deberían investigar mais a fondo e descubrir se ai vida mais ala da nosa Terra

1 comentario: