martes, 27 de noviembre de 2018

Protección para os carballos de "A Clamadoira"


Todos os galegos coñecemos a importancia dos carballos na nosa cultura e nos nosos bosques, e desgraciadamente cada vez hai menos de estos ao longo da nosa comunidade autónoma. Por ello, os cidadáns de Muiños exixen a protección duns destas árbores situadas nun dos principais santuarios da provincia de Ourense.
Os seis carballos que completan o paisaxe do Santuario de A Clamadoira máis un situado na capital de Muíños, todos eles centenarios e con gran valor ecolóxico e paisaxístico, protagonizan a loita pola súa inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, rexistro creado en 2007 para a protección deste tipo de árbores.
O Concello de Muiños leva anos en busca de esta catalogación para estos exemplares. Ourense é a provincia galega con menos árbores deste tipo (29), mentras que outras provincias son ampliamente superiores como Pontevedra (61), Coruña (56) e Lugo (41). 
O Concello alude a que desta forma o Santuario tería máis importancia turística e a zona sería máis recoñecida.
Un destes árbores e coñecido como o "castiñeiro senlleiro" de Mugueimes, e ten características moi especiais, como a de alcanzar os sete metros de altura e a de superar os 200 anos de idade. 
De feito, aquí vos deixo un vídeo que fala sobre o castaño máis vello de Galicia, que tamén se atopa en Ourense no concello de Manzaneda, é espectacular o seu tamaño e a súa grandiosidade!


Non cabe dúbida de que estas árbores deben ser protexidas, posto que senón nos preocupamos das nosas árbores autóctonas, algún día xa non dispondremos de elas nas nosas vidas!

Fonte da nova: consulta este enlace


No hay comentarios:

Publicar un comentario