martes, 6 de noviembre de 2018

A contaminación en España!

A exposición prolongada á contaminación atmosférica provocou a morte prematura de 518.700 persoas en 41 países de Europa en 2015, unha cifra inferior á do ano anterior, según o informe anual de calidade do aire realizada pola Agencia Europea do Medio Ambiente. Deste total, en España ascende a 38.600, un 23% máis que o ano anterior.

O científico Xavier Querol, profesor de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, sinala que as mortes prematuras calcúlanse aplicando fórmulas matemáticas. Estas mortes ocurren antes de que unha persoa alcance a edad esperada, a que maraca a esperanza de vida para un país. Considérase prevenibles si a súa causa pode ser eliminada. É dicir, o ciudadano pode non fumar, pero non pode evitar a contaminación ambiental.

A razón da importante subida en España débese ás condicións climatolóxicas de 2015. Ata o 30 de novembro,a temperatura media situouse en 16'5 grados, 0'8 máis que o promedio do periodo 1981-2010, ademais o verán foi o segundo máis caluroso desde 1961. Nesas circunstancias, os contaminantes dispáranse.

O maior problema de Europa segue concentrándose nas partículas en suspensión, que provocaron 422.000 falecidos, o 81% do total. O resto débese as altas concentracións de dióxido de nitrógeno (NO2) e de ozono (O3), que provocaron 79.000 e 17.700 mortes prematuras.

O transporte rodado é unha das maiores fontes de contaminación atmosférica, a que tamén contribúen as emisións da agricultura, producción enerxética, a industria e os fogares. Cerca do 74% da poboación urbana en UE estuvo exposta a concentracións de PM2'5 (partículas de tamaño comprendido entre 2'5 y 10 micras) que exceden os niveis recomendados pola OMS (Organización Mundial da Saúde)

Aquí vos deixo un video onde vos explican de maneira esquemática todo o citado anteriormente:


No hay comentarios:

Publicar un comentario