viernes, 2 de noviembre de 2018

A cabaza e a súas propiedades!


Coñecemos as vantaxes das cabazas? 
 A cabaza é o froito en baga da calabacera e pertence á familia das Cucurbitáceas. Esta familia comprende unhas 850 especies de plantas, na súa maioría herbáceas, trepadoras ou rastreras, que producen froitos grandes e protexidos por unha cortiza firme. 
Algunhas froitas como a sandía e o melón, xunto con hortalizas tan comúns como o cogombro ou a cabaciña, pertencen a esta mesma familia. A cabaza é unha verdura doce con infinidade de propiedades para a saúde. 
Os beneficios da cabaza están en que é antioxidante, rica en vitaminas, minerais, fibra e baixa en calorías. É recomendada para previr moitas enfermidades. 
 A cabaza contén un 90% de auga e moi poucas calorías e hidratos de carbono. Así mesmo, ten altos contidos de fibra. Entre os seus compoñentes atopamos: Vitaminas: Contén vitamina A e vitamina C principalmente, ademais das vitaminas E e as do grupo B (entre elas, o ácido fólico).
 -Minerais: Rica en potasio, calcio, magnesio, ferro e zinc, entre outros.
 -Betacarotenos: Unha das súas características principais é este contido. Son eles os que lle achegan a cor laranxa (téñenos tamén a cenoria, por exemplo).
 -Ácidos: Linoleico, aspártico, oleico e palmítico. -Aminoácidos. Neste vídeo 
podemos aprender pautas básicas do cultivo das cabazas:


1 comentario:

  1. Parabéns Geovana, moi axeitado lembrar as propiedades das cabazas xusto cando se celebra o Samaín e o Hallowen. Grazas!

    ResponderEliminar