Desde 2009, o Día Mundial da Neumonía celébrase o 12 de novembro co obxectivo de crear conciencia sobre esta patoloxía. É a principal causa de morte infecciosa en nenos menores de 5 anos en todo o mundo.
Con isto, búscase promover as solucións que permitan protexer, prevenir e tratar esta enfermidade e ademais a búsqueda de recursos adicionais para a súa atención.
A neumonía é unha enfermidade que afecta aos pulmóns, causada pola infección dun virus ou bacteria. Os seus síntomas son: febre alta, escalofríos, dor intensa no costado afectado do tórax, tos e expectoración.
O mecanismo máis frecuente polo que nos contaxiamos á aspiración de microorganismos dende as vías respiratorias máis altas. As defensas do noso organismo poden debilitarse por determinadas circunstancias que poden ser o consumo de alcohol, o tabaco, enfermidades pulmonares crónicas, desnutrición... Desta maneira, os xérmenes consiguen chegar aos pulmóns e infectalos de xeito máis doado.
Existen poucas medidas para evitar unha neumonía. A pesar disto, é recomendable que todas as persoas se vacinen contra a gripe todos os anos xa que axuda a evitar casos tan graves coma este, vacinarse cunha vacina antineumocócica nas persoas maiores de 65 anos ou maiores de 2 anos (con enfermidades cardiovasculares ou pulmonar crónica, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica...) e as que padecen de asma ou bronquitis crónica deben iniciar un tratamento antibiótico cando aparecen síntomas de infección respiratoria.
Déixovos este pequeno vídeo onde se explica o que é a neumonía, tipos, causas e como actuar nunha situación destas.
Desde o Proxecto Ciencia Activa, queremos concenciar a todos dos riscos desta enfermidade e que a pesar de que sexa unha situación complicada non nos podemos rendir! Ánimo, con esperanza chegaremos lonxe!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarmuy interesante
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoi boa entrada!
ResponderEliminarMoi interesante!
ResponderEliminarQue intereante esta entrada Ana!
ResponderEliminar