Como xa estudamos anteriormente, o código xenético é a correspondencia que existe entre os tripletes de nucleótidos de ARNm e os aminoácidos que forman as proteínas. Pero... como se descubriu o código xenético?
Este código foi descuberto por Severo Ochoa, un científico español, e Marianne Grunberg-Manago. Esto foi posible grazas ao descubrimento dun enzima, a polinucleótido fosforilasa que cataliza a síntese de ARNm, o intermediario entre o ADN e as proteínas. O descubrimento desta enzima permitiu a preparación de polinucleótidos sintéticos de distinta composición de bases. Desta maneira o grupo de Severo Ochoa conseguiu descifrar a mensaxe xenética.
Posteriormente, Arthur Kornberg, discípulo de Severo Ochoa, descubriu a enzima que catalizaba a reacción da síntese de ADN que era a ADN polimerasa.
Todos estes descubrimentos levárono a ser galardoado co Premio Nobel de Medicina no ano 1959 que compartiu con Arthur Kornberg.
Se queredes coñecer e repasar máis sobre o código xenético deixovos unha infografía:
No hay comentarios:
Publicar un comentario