domingo, 14 de marzo de 2021

Que fenómenos ocorren no Océano Pacífico?

O ciclo coñecido como "El Niño" e a súa fase oposta "La Niña" son a causa da maior sinal de variabilidade climática na franxa tropical do Océano Pacífico, na escala interanual. Son as compoñentes oceánicas do ENOS (El Niño-Oscilación do Sur) que corresponden á aparición, co paso do tempo, de augas superficiais relativamente máis cálidas (El Niño) ou máis frías (La Niña) do normal no Pacífico central e oriental.


Cronología de todos os episodios de La Niña entre 1900 y 2020.


Pero, que producen exactamente estes fenómenos?

"La Niña" é unha situación meteorolóxica que se caracteriza pola presencia de altas presións atmosféricas ou anticiclóns nas costas de Sudamérica, e baixas presións ou borrascas sobre Oceanía e Indonesia. 

Nestas circunstancias, os ventos alisios empuxan a auga superficial caliente do Pacífico cara o oeste, dende Sudamérica ata Oceanía e Indonesia, onde se producen intensas choivas e inundacións. Á vez, na costa sudamericana de Perú, a termoclina aproxímase aproxímase á superficie, xa que se da un afloramento de auga profunda fría (corrente do Perú ou de Humboldt) dende a xélida Terra de Fuego. Esta corrente de auga está cargada de nutrientes, de modo que aumentan notablemente os recursos pesqueiros.


Durante "El Niño", pola contra, hai borrascas nas costas de Sudamérica e anticiclóns sobre Oceanía e Indonesia. Con esta situación, os ventos alisios debilítanse ou invirten a súa dirección, desplazando a auga quente superficial no Pacífico cara o este, dende Oceanía e Indonesia ata Sudamérica, onde se suceden intensas choivas e inundacións catastróficas. Mentres, ao outro extremo do Pacífico, a sequía e os incendios arrasan Oceanía.

Ademais, como as augas superficiais quentes non se desprazan cara o oeste, a termoclina descende a maior profundidade nas costas sudamericanas do Pacífico, e non hai afloramento da corrente profunda e fría do Perú ou de Humboldt, rica en nutrientes. En consecuencia, diminúe a riqueza pesqueira e se producen perdas económicas.



Se queres coñecer máis sobre estes fenómenos tan interesantes, fai click aquí.



No hay comentarios:

Publicar un comentario