Hoxe está na fala da xente, pois os hai de varios tipos que desempeñan diferentes funcións. Falamos do ARN mensaxeiro ou ARNm, o ingrediente principal das vacinas contra o SARS- CoV-2.
O irmán pequeno do ADN salta á fama. É posible que ARN sexa unha das palabras máis buscadas na internet e figure entre as dez que describan 2021, o ano en que empezamos a derrotar ao virus da covid-19. ARN é a sigla de ácido ribonucleico, unha peza da maquinaria xenética, vital na síntese de proteínas dentro das células, pero descoñecida para o gran público. Un protagonismo eclipsado polo seu irmán maior, a dobre e elegante hélice de ADN.
Como dixo o ensaísta inglés Thomas Carlyle, a miúdo os grandes son descoñecidos ou, peor aínda, mal coñecidos. Pero no caso do ARN, este deixasé de vivir no anonimato, xa que hoxe está na fala da xente, polo menos un deles, pois os hai de varios tipos que desempeñan diferentes funcións. Falamos do ARN mensaxeiro ou ARNm, o ingrediente principal das vacinas contra o SARS- CoV-2 que desenvolveron, entre outros, Pfizer e BioNTech e Moderna. A súa historia no mundo da biomedicina comeza en 1989, cando investigadores do Salk Institute de- mostraron que o ARNm encapsulado en nanopartículas lipídicas podía coarse no interior de diferentes células eucariotas. E tiveron que pasar vinte anos para que os científicos descubrisen o seu potencial terapéutico no cancro, en certas enfermidades raras, en trastornos cardíacos, metabólicos e renais ou nas infeccións víricas, como a rabia e o zika.
FONTE: MUY INTERESANTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario