Pecha os ollos e imaxina unha praia, non, en serio, faino. Viches algo? Que viches? Fuches capaz incluso de cheirar ou escoitar algo? Se as repostas son sí... parabéns! Non eres ''afantástico''.
O termo ''afantástico'' ven do inglés ''aphantastic", e non, non quere dicir que sexas unha persoa ''phantastic''. Unha persoa "aphantastic" é aquela que padece "aphantasia".
A "aphantasia" é a incapacidade de unha persoa para visualizar imaxes na súa imaxinación, é dicir, de non poder imaxinar. Cando padeces ''aphantasia'' o teu ''mind-eye'' (ollo da mente) é cego, o que quere dicir que cando pechas os ollos literalmente só ves negro.
A ''aphantasia'' aínda é algo relativamente novo, a pesar de que en 1880 foi descuberta por Francis Galton, non foi estudada, pero comezou a estudarse en 2005 cando un home reportou haber perdido a capacidade de imaxinar tras haber pasado unha ciruxía. Ao principio críase que as persoas só podían ter ''aphantasia'' se pasaban unha ciruxía ou algo que alterase ao cerebro de maneira significativa, pero, en 2010 descubriuse que había persoas que padecían ''aphantasia'' conxénita, é dicir, que habían nacido con ela.
Articulo de Quo |
Apenas hai estudos de ''aphantasia'' porque os que o padecemos pensamos que o de "Pecha os ollos e imaxina X cousa" é unha metáfora ou unha broma, e así, moita xente non o descubre. Sen embargo, dos poucos estudos levados a cabo ata agora, pódense sacar algunhas conclusións (que poden variar de individuo en individuo):
-A "aphantasia" afecta á memoria: as persoas "afantásticas" presentan unha gran dificultade para recordar calquera cousa. Dende o momento máis bonito da súa infanca, pasando polas caras das persoas, ata a lista da compra.
-A "aphantasia" afecta aos sonos: as persoas con "aphantasia", dependendo do seu grao, poden soñar ou non, poden soñar mais ou menos... Sen embargo, sí podemos soñar, aínda que só sea unha ou dúas veces ao ano (no meu caso)
-A "aphantasia" podería afectar aos estudos: os "afantásticos" presentamos gran dificultade para memorizar e tamén para entender representacións espaciales (por exemplo en matemáticas, física ou debuxo técnico non podemos ver as figuras xeométricas e non temos visualización espacial).
-A "aphantasia" afecta á creatividade.
-A "aphantasia" só afecta ao 2% da población, o que dificulta o seu estudo. Esperemos que nun futuro se volva máis coñecida para que poda ser estudiada mellor!
Artículo sacado de The Guardian |
Non é fascinante o cerebro humano e canto varía de persoa en persoa? Se hai algún "afantástico" máis que o poña nos comentarios e así compartimos experiencias! E se tedes algunha dúbida de algunha cousa que creades que lles poden pasar aos "afantásticos" ou o que sexa, aquí tedes unha "afantástica" disposta a respondervos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario