viernes, 12 de marzo de 2021

O meteorito máis antigo do mundo !!

 

Un grupo de cazadores de meteoritos achou no Sahara alxerino un fragmento de material rochoso proveniente do espazo exterior. Este fragmento chegou a mans dun grupo de investigadores franceses e xaponeses.O exemplar, cuns 4.565 millóns de anos, é o máis antigo atopado ata a data e podería proporcionar novas pistas sobre como se formou o Sistema Solar. “Soubemos que era un exemplar sobresaliente en canto lemos a súa descrición”, asegura Jean- Alix Barrat, investigador da Universidade de Bretaña Occidental e un dos coautores do estudo, publicado esta semana pola revista PNAS. “Polos minerais que contiña soubemos que era unha andesita antes de empezar a estudala. A súa composición mineralógica é única entre os meteoritos”, destaca. A andesita, formada principalmente por feldespato plagioclasa, é a roca volcánica máis común na Terra despois do basalto, pero non é nada habitual atopar meteoritos deste material.




                                         
A antigüidade deste exemplar, 1,2 millóns de anos máis vello que o que tiña o récord ata o de agora, está estreitamente ligada coa súa composición. “Temos boas razóns para crer que a andesita era común nos inicios do Sistema Solar, pero estas rocas fóronse destruíndo por impactos ou ao unirse a corpos maiores”, apunta Barrat. Neste caso, as teses dos investigadores apuntan a que esta mostra pertenceu á cortiza dun protoplaneta (un corpo celeste pequeno que é o embrión dun planeta) que se separou no pasado e que, ou ben se ha desintegrado en partes cada vez máis pequenas, ou ben se uniu a corpos maiores ata formar un novo planeta. Os investigadores do estudo calculan que o meteorito bautizado como EC 002 tardou uns 100.000 anos en solidificarse, o que podería indicar que na súa orixe foi “ inusualmente viscoso”. 




 O descubrimento pode axudar a coñecer máis detalles de como era o noso sistema planetario nos seus primeiros anos, algo que ata o de agora foi difícil pola gran escaseza de mostras. O investigador do Instituto de Ciencias do Espazo (CSIC) e do Instituto de Estudos Espaciais de Catalunya Josep Maria Trigo Rodríguez destaca: “Todo apunta a que esa roca formou parte dun océano de magma primordial nun deses primeiros corpos sólidos formados ao redor do Sol”. Todos os planetas rochosos pasan por unha fase inicial na que están recubertos de magma que, cando se solidifica, forma a cortiza do planeta. A esta capa de magma, inicialmente fundida, coñécese como océano de magma primordial.




No hay comentarios:

Publicar un comentario