sábado, 13 de marzo de 2021

As emisións de CO2 caeron un 5,8% en 2020 pero volveron crecer a finais de ano

As emisións globais de dióxido de carbono (CO2), principal gas de efecto invernadoiro, reducíronse o pasado ano un 5,8% no que foi o maior descenso desde a Segunda Guerra Mundial, pero coa recuperación en certos países, en decembro eran xa uns 2 % superiores ás de doce meses antes.



                                                 FONTE: EL MUNDO

A Axencia Internacional da Enerxía ( AIE), que publica este martes unha análise desas cifras, fai notar que esa caída foi moi diferente por rexións en función do parón na actividade que sufriron pola crise do Covid, e que a evolución ao longo dos meses foi tamén moi desigual.

En termos absolutos, a rebaixa foi de case 2.000 millóns de toneladas, o que equivale a todas as emisións xeradas nun ano pola Unión Europea.

Na UE o recurso ao carbón para producir electricidade reduciuse en máis do 20%, mentres que a cota das renovables aumentou en catro puntos porcentuais, ata o 39%.

China, que é o principal país contaminante, desmarcouse do resto cun incremento final das emisións en 2020 do 0,8% (75 millóns de toneladas adicionais). Ademais, outra das peculiaridades do xigante chinés é que tras a fochanca experimentada no primeiro trimestre, a partir de abril xa xeraba máis CO2 que un ano antes. En decembro ese ascenso alcanzaba o 7%.

O director executivo da AIE, Fatih Birol, considera que o repunte constatado das emisións a escala global a finais do ano pasado é unha advertencia de que "non se está facendo o suficiente para acelerar a transición a unha enerxía limpa".

O CO2 provocado pola combustión de petróleo diminuíu en máis de 1.100 millóns de toneladas, e desa cantidade un 50% debeuse ao retroceso da actividade no transporte por estrada e nun 35% na aviación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario