Este día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, loitemos co lema " Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" por todas as mulleres que hoxe se comprometen a buscar a igualdade e pelexar polos seus dereitos.
Este día conmemora a loita das mulleres pola sua participación íntegra na sociedade, e para celebralo os alumnos de 2º de bacharelato do colexio Padre Feijoo Zorelle queremos apoiar esta loita con unha imaxe que representa moitas das cualidades de todas as guerreiras do mundo. Dende a nosa nai, avoa, e todas as mulleres coas que nos relacionamos poseen estas características que as volven tan únicas. Esperamos que vos guste, e feliz 8 de Marzo!
Se queredes ver un pequeno video informativo sobre este día, podedes atopalo neste link.
No hay comentarios:
Publicar un comentario