jueves, 17 de marzo de 2022

A calima chega a Esapaña


A calima chega a España: as cidades tinguidas de po sahariano

Trátase dun fenómeno ao que os canarios están máis habituados, pero é algo extraordinario en boa parte de España, incluída Asturias. 
Trátase da calima, causada polo vento arrastrado pola borrasca 'Celia', que ha traido po en suspensión procendente do deserto do Sahara. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) define a calima como «a diminución da visibilidade pola presenza de partículas secas (en contraposición coa bruma ou néboa, compostas por partículas acuosas), deixando o ceo con tons ocres». O po en suspensión procedente do norte de África dá lugar a calima, choivas de barro e un empeoramento da calidade do aire. A Aemet tamén advertiu de que a intrusión continuará nos próximos días e será significativa, dando lugar a un empeoramento da calidade do aire. A calima vén acompañada dun «aire cálido», con temperaturas que superaron os 20 º C durante a madrugada no sueste peninsular e os 18 º C no Cantábrico oriental. Ao longo desta xornada, por exemplo, algunhas localidades do Principado de Asturias poderán superar os 22 graos, algo totalmente inusual para esta épocas do ano. Desde a Aemet aclaran que «a partir do mércores é probable que a borrasca comece a debilitarse a medida que se despraza cara ao leste».








No hay comentarios:

Publicar un comentario