O 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.
A igualdade entre homes e mulleres é unha prioridade global da UNESCO, e o apoio ás novas, a súa educación e a súa plena capacidade para facer oír as súas ideas son os motores do desenvolvemento e a paz.
A ciencia e a igualdade de xénero son fundamentais para o desenvolvemento sostible. Aínda así, as mulleres seguen atopando obstáculos no campo da ciencia: menos do 30% de investigadores científicos no mundo son mulleres.
Facer fronte a algúns dos maiores desafíos da Axenda para o Desenvolvemento Sostible -desde a mellora da saúde ata o cambio climático- dependerá do aproveitamento de todos os talentos. Iso significa conseguir introducir a máis mulleres nestes campos. A diversidade na investigación amplía o número de investigadores talentosos, achegando unha nova perspectiva, talento e creatividade.
O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse. A celebración deste día está dirixida pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que promoven o acceso e a participación de mulleres e nenas na ciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario