domingo, 7 de febrero de 2021

Meteorización e movilización dos materiais

A meteorización é a disgregación das rochas debido aos efectos dos axentes atmosféricos e dos seres vivos. Pode ser física ou química.

A meteorización mecánica ou física rompe as rochas sen alterar a súa composición. A meteorización química descompón as rochas alterando lentamente os minerais que as integran. Ambos procesos desenvólvense conxuntamente e producen residuos que son transportados mecanicamente ou en solución (erosión). 

Este proceso desintegra as rochas existentes e aporta materiais para formar outras novas. Non obstante, a meteorización desempeña tamén un papel importantísimo na creación dos solos que cubren a superficie da Terra e sustentan toda a vida. 

Neste mural interactivo atoparedes os principais tipos de meteorización física, sinalados en amarelo; e de meteorización química , sinalados en azul. Fai click nelas para obter máis información!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario