jueves, 18 de febrero de 2021

Por qué razóns tes que vacinarte contra a covid-19?

 A campaña de vacinación fronte ao virus causante da Covid-19 está en marcha. Pero a eficacia das vacinas non depende unicamente dos científicos. Tamén depende de nós. Por que me vou a vacinar?

Enlace da foto

  1. Polas persoas que me rodean: mulleres embarazadas, nenos pequenos e o 7% dos adultos (inmunodeprimidos) que non se poderán vacinar antes. Se non me vacino, estou a poñer en perigo a todas esas persoas. Contan connosco para diminuír ou evitar un perigo real.
  2. Porque no ensaio clínico de fase 3, esta vacina foi xeralmente ben tolerada e o comité independente de seguimento de datos non atopou problemas graves de seguridade. No ensaio participaron 44.000 persoas. Nestes ensaios clínicos determinouse que as vacinas tiñan un 90% de efectividade.
  3. Porque non queremos que sigan falecendo moitas persoas queridas, que a economía siga a escachar e que a pobreza siga a medrar. Dous millóns de persoas falecidas son moitísimas. Temos que parar esta tolemia. Vacínate
  4. Porque prefiro a ciencia ás trolas. Síntoo, non estou disposto a permitir que a xente enferme e faleza ou teñan secuelas porque algún famoso ou influencer pense que hai algo secreto tras a vacina.
  5. Porque gozo nadando no mar e na piscina. Quedando con amigos, véndonos as caras. Quero que este verán sexa o máis normal posible e recuperar o ano perdido.
  6. Porque na Axencia Europea e na Axencia Española do Medicamento traballan profesionais que non teñen ningún interese en enganar a ninguén e si en evitar o maior número de casos desta enfermidade canto antes.
  7. Porque as vacinas son un dos maiores logros da humanidade. Os virus non van desaparecer pero as vacinas son as nosas aliadas. Antes da vacina contra o sarampelo, esa enfermidade mataba a millóns de nenos cada ano.
  8. Porque será unha experiencia comunitaria e solidaria: esperar a nosa quenda, asegurarnos de que as persoas que máis o necesitan a reciban primeiro, facer algo como país dunha vez, ver como construímos a inmunidade colectiva entre todos.
  9. Porque seremos a primeira xeración en darlle unha boa puñada á Covid-19 para que outras xeracións o teñan máis doado en pandemias futuras. Loitemos para que o futuro non teña que preocuparse por isto.
  10. Porque os médicos e enfermeiras estiveron soportando unha carga moi dura. Porque se está a abusar dos “traballadores esenciais”. Porque cada momento que nos atrasamos pon en risco a outras persoas.
  11. Porque a evidencia proporcionada polos datos dos ensaios clínicos suxire con solidez que as vacinas reducirán os contaxios.
  12. Porque os efectos secundarios mais comúns non son nada que non experimentemos nas nosas vidas. Incluirán algunha dor leve, un pouco de inchazo na zona da inxección.
  13. Porque a aparición de reaccións alérxicas foi un dos factores controlados no ensaio clínico de fase 3 desta vacina Pfizer / BioNTech Covid-19. Segundo eses datos houbo un número moi pequeno de reaccións alérxicas, tanto nos grupos vacinados como tratados con placebo (0,63% e 0,51%). O único contraindicado con esta vacina (non se debe recibila) é a hipersensibilidade á vacina ou calquera dos excipientes (outros compoñentes da vacina). O prudente, é que calquera persoa que tivese unha reacción anterior alérxica grave ou que necesite levar un EpiPen, pospoña a vacinación.
  14. Porque o plan de farmacovixilancia para as vacinas Covid-19 establece como a Axencia Europea e as autoridades nacionais competentes dos Estados membros da UE identifican e avalían con prontitude calquera información nova que xurda, incluídos os sinais de seguridade que sexan relevantes para o balance beneficio-risco destas vacinas

Se estes candidatos a vacinas fallasen, estariamos nunha situación extremadamente complicada. Se as vacinas tivesen unha efectividade do 50%, como as da gripe, estaríamos desanimados e frustrados. Tardariamos máis en alcanzar o nivel de inmunidade necesario para volver á normalidade.

Non esquezamos que a humanidade somos todos. Non só os países ricos. Tanto por solidariedade como por seguridade hai que asegurar que se vacinan canto antes todos os países, ricos ou pobres. Por iso, non é dabondo coas vacinas que xa están aprobadas. Fan falta máis.

Vacínate.

Se queres obter máis información sobre a vacina pincha aquí





No hay comentarios:

Publicar un comentario