Os alumnos de primeiro de bacharelato estamos a aprender a crear as nosas propias entradas no blog, ainda que algúns dos contribuíntes xa participaran no blog de Ciencia Activa, ESO é!
Iniciamos o curso aprendendo como se fai unha entrada, cómo pomos unha imaxe, engadindo enlaces a fotos ou texto ou insertando videos, sempre respectando o formato de texto e etiquetado que é característico da nosa bitácora. Tamén temos que xestionar o canal de podcast , e pouco a pouco ir vencendo as dificultades a hora de realizar todas estas tarefas .
Cheos de ilusión afrontamos con responsabilidade a xestión de este blog de alumnos de Bacharelato do colexio Padre Feijo Zorelle.
Somos : Geovana, Lara, Alejandro, Ariana, Adriana, Noemi, Ana e Daniel.
Esperamos que sigades o noso blog e as novas do Proxecto nas redes sociais.
Grazas amig@s de Ciencia Activa!
O faredes, moi ben!
ResponderEliminar